SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 19:20 por EUROPA PRESS
En Marea esixiu recuperar o "programa de servizo público" 'O Agro' na grella da Televisión de Galicia (TVG) e avanzou que levará a súa supresión á comisión de seguimento da CRTVG que acolle a Cámara galega.
Nun comunicado, o partido instrumental explicou que con esta medida busca coñecer os motivos polos que a Consellería do Medio Rural "decide recortar nun 75%" o financiamento que destinaba desde 1991 a este programa.
Ademais, tamén se dirixe á dirección da Corporación Radio Televisión de Galicia para que aclare "se vai suprimir definitivamente o programa, os motivos para non asumilo como espazo de produción propia e se está prevista a posta en marcha doutro programa de formato e contidos similares".
"Non é comprensible que a televisión pública que pagamos todas as galegas e galegos retire da grella un programa que emite unha información esencial sobre un sector produtivo estratéxico para o noso país", indicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.