En Marea convoca o seu segundo plenario para o próximo mes de xullo

O sábado 29 de abril terá lugar unha nova reunión do Consello das Mareas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2017 | Actualizada ás 20:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Coordinadora de En Marea decidiu na súa última reunión a convocatoria do segundo plenario do partido instrumental para o próximo mes de xullo.

Ademais, tamén convocou para o próximo 29 de abril unha nova reunión do Consello das Mareas.

Diso informou En Marea nun comunicado, no que detallou que este encontro terá lugar na primeira quincena de xullo, cunha proposta de orde do día que servirá para dar conta do informe de actividade da coordinadora, unha rendición de contas dos grupos parlamentarios e a planificación de liñas para o seguinte trimestre.

No mesmo plenario debaterase a distribución de responsabilidades dos membros da coordinadora e do Consello.

Esta mesma sesión, tamén analizará os reglamentos para os distintos ámbitos, Consello e coordinadora, así como o plan de territorialización.

A coordinadora, que explicou que terá como representante do grupo parlamentario a Francisco Casal, tamén acordou a organización das xornadas de formación e debate 'As cláusulas sociais na contratación administrativa'.

Este evento está previsto para o próximo seis de maio. Ademais destas convocatorias, se formalizou a creación da Comisión de Garantías de En Marea.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta