SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 19:07 por EUROPA PRESS
Turismo de Galicia promove o turismo de cruceiros no evento 'Cruise 360 Florida', que ten lugar na cidade de Fort Lauderdale. Trátase dunha reunión profesional na que participan os operadores turísticos especializados máis importantes desta área xeográfica.
Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, realizáronse reunións individuais cos axentes turísticos especializados en cruceiros e participouse en distintas reunións colectivas para difundir os valores e os servizos turísticos de Galicia, en xeral, e a capacidade para atraer cruceiros, en particular.
Con preto de 110.000 viaxeiros aloxados e de 170.000 noites nos establecementos regulados de Galicia, o mercado norteamericano sitúase como o quinto máis importante da comunidade, por detrás de Portugal, Alemaña, Italia e Francia, e por diante de Reino Unido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.