Esquerda Unida terá novo líder este verán

"En xuño deixarei a coordinadora de EU. Non é un paso atrás. Foron anos moi intensos: é necesaria a renovación" delcara a deputada de En Marea Yolanda Díaz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2017 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea Yolanda Díaz non se presentará á reelección para dirixir o partido o próximo mes de xuño, segundo avanzou este martes nunha entrevista na Radio Galega.

Yonlanda Díaz
Yonlanda Díaz | Fonte: Europa Press

Díaz afirmou que o últimos catro anos "foron moi intensos" e asegurou que non se trata dun paso "atrás", senón dun paso "a un lado" porque pensa seguir traballando polo país dende EU.

En materia de política estatal, criticou os orzamentos xerais e rexeitou a posibilidade de que En Marea negociase de forma autónoma o seu apoio a cambio dunha maior partida para Galicia.

"Os votantes de En Marea non entenderían o apoio aos orzamentos dos recortes", advertiu. Ademais, sobre se cre que o Executivo cumprirá os seus compromisos co AVE a Galicia, preferiu "non prexulgar", pero falou dunha experiencia ata agora "moi mala".

En canto a corrupción, opinou que Rajoy representa "o peor do establishment e unha forma de corrupción masiva". Sobre a dimisión de Esperanza Aguirre, avisou que "non se trata de pezas que saen salpicadas". "O que está en xogo é a propia forma de Goberno", incidiu. Os representantes das caixas galegas, Méndez e Gayoso, Villar Mir coas nosas hidroeléctricas... e outros que pasan de puntiñas pero que imos ver como acaban: Pepiño Blanco e cargos do PP relacionados co Alvia, que parece que algo están ocultando, ou aquel señor que se retirou, Paco Vázquez", declarou.

No que respecta a conflitos internos de En Marea, valorou que a falta de inclusión "resta" e "non suma". Con todo, apuntou que o partido instrumental está aínda "nun proceso de experimentación" con marxe de mellora.  Díaz comparte a idea de que a coordinadora da formación está sendo pouco inclusiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 RAMIRO DE YOLI

Que poñan ó seu asesor no Parlamento Galego