A crúa realidade das cifras de audiencia dos diarios galegos

Moitos dos xornais galegos fixeron estes días unha lectura triunfalista dos seus datos no último Estudio General de Medios en Galicia (EGM); visión que en moitos casos non se corresponde coa realidade.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 28/04/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“La Región, único líder gallego que consolida su audiencia”, titulaban en Ourense. Dende Vigo presumíase que “Faro se consolida en el "top ten" de los diarios españoles”. “El Correo es más líder en Santiago” destacaba Editorial Compostela, para quen as cifras son un referendo aos súas críticas á marea local, dado que “algunas de las informaciones más valoradas por los compostelanos se refieren a la penosa actividad del equipo de gobierno de Compostela Aberta en el Concello de Santiago”.  A pesar de que presenta as súas peores cifras en moitos anos, dende o Grupo El Progreso afirmábase que “El EGM confirma el liderazgo de Diario de Pontevedra en su área”.

Datos do EGM de diarios en papel  en Galicia na primeira ondada de 2017
Datos do EGM de diarios en papel en Galicia na primeira ondada de 2017 | Fonte: Prisabs

Con todo, estas son lecturas de parte, loxicamente nesgadas. Unha análise global das cifras demostra que en case todos os diarios en papel de Galicia non hai motivos sólidos para o optimismo.

É certo que algunhas cabeceiras melloran a súa difusión en comparación coa última ondada, de novembro de 2016. Así, por exemplo, El Correo pasa de 48.000 a 55.000 lectores, Diario de Ferrol de 14.000 a 21.000 ou El Progreso de 94.000 a 96.000.  

Pero se ampliamos o foco e comparamos este estudio, de Abril de 2016 a Marzo de 2017, co seu equivalente do ano pasado, de Abril de 2015 a Marzo de 2016; unicamente dous diarios pequenos -Diario de Ferrol (de 9.000 a 21.000 lectores) e Diario de Arousa (de 4.000 a 8.000 lectores)- presentan incrementos significativos.

E se ampliamos o foco aínda máis, a ondada de Abril de 2013 a Marzo de 2014, a realidade é que o único que pode presumir de avanzar nos últimos catro anos é La Región, e son unicamente 1.000 lectores máis para o diario da familia Outeiriño. 

Hai que ter en conta que os de Marzo de 2014 son datos dunha época no que, en teoría, a recesión económica batía máis do que en teoría bate agora. En definitiva, a prensa en papel en Galicia continúa o seu devalar e non hai síntomas de que a feble recuperación da macroeconomía se estea a traducir no seu rexurdimento. 

De feito, hai xornais, como Atlántico Diario (11.000 lectores) ou Diario de Pontevedra (30.000) que marcan as súas peores cifras en moito tempo. 

As noticias para os líderes do sector non son positivas. La Voz de Galicia perde un 4,1% interanual e un 7,3% nos últimos tres anos. Con todo, o diario de Santiago Rey segue a manter unha amplía avantaxa sobre o seu principal competidor. Vantaxe que está a medrar, pois Faro de Vigo perde un 5% interanual e un 12% nos últimos anos. 

Entre os de tirada estatal, destaca que El País non levanta cabeza. O buque insignia de Prisa andaba polos 145.000 lectores galegos en 2012, ocupando a terceira posición no ranking. Hoxe, tras o peche da delegación de El País Galicia, anda anda polos 87.000, un 40% menos, superado por El Progreso e a tiro de La Región. Un retroceso moi similar ao de ABC, que perdou o 44% dos seus lectores galegos nos últimos tres anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 arturo

O formato en papel está a baixa, e vai seguir estando. Cada vez vai ser mais complicado manter una plantilla, unas instalación inmensas, etc. O que lle pasou a ECG é o que lle pode pasar a outros no futuro.

5 Gamela

A cruda realidade é que Faro de Vigo leva anos censurando os comentarios dos lectores, pero a novidade é que La Voz de Galicia tamén se suma á CENSURA dos comentarios que poden ferir a susceptibilidade do seu patrón !!! En resumo, só queda GC coma diario libre en Galicia !!!

1 Un que sabe do asunto

Efectivamente resulta dificil manter un xornal serio e independente en formato papel; pero non sooamentes, que tamén, polos custes materiais para poñelo na rúa, senon pola falta de interés dos lectores galegos cara a un xornal serio, sen censuras. Un xornal é un producto de mercado, máis puro ou con ingredientes tóxicos. Se nós rechazamos aos tóxicos seria posible que alguén se atrevera arriscándose, pero...que desexa o lector galego? que lle esixe aos medios?..Nada; segue dicindo que son malos pero sen preocuparse de que teñamos algúns mellores. somos lectores de bar, de perruqueria; sen compromisos. así nos vai.

4 pechade todos

son xornais da dereitas a coz da malicia, o inmundo, a sin razón, o pis, o falo de vigo,, o abecedario, o corifeo galego, o impúdico... MUITO E EXPAÑOLISMO E RATERIO!!!!-

3 Gamela

A páxina dominical do Amado Lider da Cidade dos Dinosetos... xa non engana a ninguén !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

2 eusi

As televisións e a PPodremia segue obviando o tirón e a forza dos xornais en liña, que superan con creces esas ridículas cifras "oficialistas" que lembran réximes predemocráticos.