SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 14:49 por EUROPA PRESS
Traballar na dimensión territorial dos procesos demográficos e as actividades produtivas en relación co aproveitamento e conservación dos recursos naturais e culturais é a finalidade da 'Agrupación Estratéxica BETA+' en bioeconomía, emprendemento, territorio e ambiente, que se presentou este venres na USC.
A nova rede está composta por 19 grupos de investigación das ciencias sociais, as humanas e as enxeñarías, dos que 16 pertencen á USC e o tres restantes á USC, UVigo e CIAM-Mabegondo.
Segundo os responsables deste proxecto, "o despoboamento, o uso racional de recursos naturais e culturais en beneficio da comunidade e da súa cohesión e benestar, a garantía de mantemento ou a responsabilidade social e ambiental" son algúns dos asuntos chave da sociedade para os que esta rede "quere achegar solucións concretas"
"Non queremos só resultados publicables, senón transmitilos á sociedade e ir mellorando o noso territorio, traballar para o benestar na xente", apuntaron.
Trátase, en suma, de dar unha resposta "rigorosa e científica" ás necesidades de Galicia, así como "constituír un modelo pioneiro de contorna investigadora interdisciplinar no ámbito das ciencias sociais e humanas en Galicia e ser nodo de referencia para atraer novos investigadores".
BETA+ está conformada polos grupos de investigación máis activos da USC nos ámbitos de estudo aos que se vai a dedicar e que en total reúnen preto de 170 investigadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.