Villar Mir pretende vender as centrais hidroeléctricas galegas para financiar aos “presos políticos”

O presidente de OHL non nega a súa intención de financiar a loita popular.

Por GcToday | Madrid | 03/05/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Que Juan Miguel Villar Mir, presidente entre outros da constructora OHL, financia presuntamente ao Partido Popular, é un segredo a voces no Estado español, máis aínda desde que o magnate está sendo investigado dentro da causa da Operación Lezo.

Villar Mir
Villar Mir | Fonte: Sindicato Unitario

A novidade salta agora de entre os círculos próximos ao empresario, os que afirman que este seguirá a financiar ao Partido Popular aínda que este sexa ilegalizado e os seus dirixentes se atopen en prisión, como o caso de Ignacio González, Pablo Crespo ou Francisco Granados.

A “financiación da loita popular non pode ser paralizada pola Xustiza”, isto é o que afirmaría durante un xantar con destacados persoeiros do empresariado español.

Neste cometido, Villar Mir, ten claro o camiño o seguir, e tal e como vén tentando desde hai tempo, este pretendería conseguir o beneplácito da Xunta de Galiza para privatizar diferentes centrais hidroeléctricas galegas, como a de Cee ou Dumbría, para logo destinar estes cartos aos presos políticos do Partido Popular e as súas familias.

Desde o executivo de Núñez Feijóo eluden polo de agora facer comentarios sobre o tema, pero todo apunta que o trato de favor será inminente.

Villar Mir e o conselleiro de Economía nunha imaxe da web da Xunta
Villar Mir e o conselleiro de Economía nunha imaxe da web da Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 chas

ok...ben visto...