A CORUÑA | 04/05/2017 | Actualizada ás 18:03 por EUROPA PRESS
Centros educativos de Ferrol, Valdoviño e Ribeira foron galardoados co primeiro premio do concurso de robótica promovido pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) e a Fundación Barrié, en cuxa sede da Coruña tivo lugar a entrega dos premios.
En Primaria e Primeiro de ESO, o primeiro premio foi para o CPR Jesús Mestre de Ferrol; o segundo para o IES Politécnico de Vigo e o terceiro para o CEIP de Cervo.
Na categoría de segundo a cuarto da ESO, o primeiro premio foi para o CPI Atios de Valdoviño; o segundo para o CPI de Castroverde e o terceiro para o Colexio Os Salgueiros de Vigo.
OUTROS PREMIADOS
No nivel de Bacharelato e Formación Profesional, o primeiro premio foi para o IES número uno de Ribeira; o segundo para o IES Ramón María Aller Ulloa, de Lalín (Pontevedra) e o terceiro para o IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo).
A Fundación Barrié e a Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) organizaron en abril este concurso, baixo a lema 'A Maxia da Robótica', coa participación de máis de 2.000 alumnos e 120 profesores de 60 centros educativos de toda Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.