Temas: EUCALIPTO

Veciños a prol do eucalipto

A forte contestación social e política contra o eucalipto en Galicia dos últimos meses dista de monopolizar o sentir dos galegos. Por exemplo, as executivas das asociacións de propietarios forestais de Castroverde, Baralla e Baleira -que agrupan a uns 700 propietarios forestais- mantiveron na semana pasada unha reunión cos representantes da empresa ENCE na vila de Castroverde. Despois desa xuntanza remitiron un comunicado en defensa destas árbores.

Por Galicia Confidencial | Castroverde | 05/05/2017 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

De acordo a súa versión, nesta reunión os representantes da "empresa lider no consumo de madeira de eucalipto en España" poideron confirmarlles o "interés crecente que vai ter o eucalipto nitens para a industria forestal".  Según os datos da industria facilitados aos veciños,  en Europa en 12-13 anos, tempo estimado para cortar as plantacións que se realicen neste ano 2017, "o déficit de madeira será de 300 millóns de metros cúbicos".

Máquina cortando eucaliptos
Máquina cortando eucaliptos

Noutras palabras, que vai seguir facendo falta plantar máis eucalipto, en opinión dos veciños. Sobre a mala fama da especie, os productores de madeira puxeron de manifesto que "eles están orgullosos do seu traballo e están interesados en seguir producindo nos seus montes, contribuíndo a xeración de emprego e riqueza nos seus concellos e no conxunto de Galicia".

A nota chega cando a Xunta anda amagando con sacar unha nova normativa, que en principio prohibiría novas plantacións na provincia de Ourense e en moitos dos concellos do interior de Lugo, como estes tres. A resposta dos propietarios é pedir "a Administración Forestal e outros colectivos cesen na súa actuación belixerante e contraria a xestión forestal que fan nas súas terras e que contribúe a mellora da sociedade e do territorio".  

De feito, criticaron o actual marco normativo, que prohibe plantar en terras agrícolas, aínda que a Xunta fai a vista gorda e a penas hai denuncias por isto. Na súa opinión, "aínda que as leis forestais lles resulten en moitos casos difíciles de entender, por consideralas moi desacertadas, si están dispostos a cumprilas comprometéndose a plantar eucalipto nas zonas que xa tiveron previamente plantacións forestais ou en terrenos de matorral e non en zonas de carballeiras ou pradeiras".

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega
Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 euso

Pareceme ben q defendan os seus ingresos, e mellor me parece que paguen os custos dos incendios cando se produzan, e non teñamos q pagalos todos por eles. Alén dos danos que causan á natureza e afectan a todos: seca de acuíferos, desertización, pragas, etc, etc. Isto xa se fai noutros países: se as fas, págala (como lle gusta dicir á PPodremia; pero que paguen os demais, eles recollen os sobres)

2 Maricarmen

1 anonimo87639

¿velixerante? Seica é belixerante (do latin bellicus, 'Característo da guerra').