Temas: ARQUITECTURA

O galego que patentou un método para construír pirámides

O xornal 'El Periódico' descubriu a Herminio Fernández Fernández, galego e xubilado que ten patentado un método para construír pirámides como as de Exipto, un enxeño que ofrece unha resposta ao gran misterio da arquitectura.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 12/05/2017 | Actualizada ás 23:11

Comparte esta noticia

Na rúa de Bou de Sant Pere, en Barcelona, a un minuto do Palau da Música, vive Herminio Fernández Fernández, un carpinteiro galego xubilado que patentou un método para construír pirámides. No recibidor da súa casa ten un prototipo a escala da súa "rampla elevadora manual", un enxeño deseñado sen planos, con pura intuición de carpinteiro. O xornal El Periódico de Catalunya descubriu a quen pode ter a chave dun dos grandes misterios da humanidade: a contrución das pirámides exipcias.

Herminio Fernández, carpinteiro galego xubilado, residente en Barcelona, deseñou una máquina para construír as pirámides de Exipto
Herminio Fernández, carpinteiro galego xubilado, residente en Barcelona, deseñou una máquina para construír as pirámides de Exipto | Fonte: El Periódico de Catalunya.

Co que se atoparon os xornalistas cataláns na casa de Herminio foi cun "quebracabezas de madeira, un conxunto de chanzos, engrenaxes e pancas, todo tallado a man, que tan pronto como ascenden as pedras desmóntanse as pezas de abaixo e colócanse arriba para proseguir sen pausa a escalada", explica Carles Cols nun artigo publicado no xornal catalán.

"Brillante. Nada menos que o encofrado autotrepante da antigüidade. Asegura Herminio que unha soa persoa minimamente en forma pode mover bloques de 300 quilos. Non fai unha demostración dentro de casa porque xa a fixo tempo atrás, con nefastas consecuencias para os azulexos do piso. Faina no tellado. A cuestión, en resumo, é que asegura que unha vintena de persoas, cada unha coa súa panca, poderían levantar en conxunto n un bloque de 6.000 quilos", describe o xornalista tras visitar a este galego.

Temas: ARQUITECTURA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 eusi

E non serian os galegos os que emigraron para contruilas?

1 cesc

Galego tiña que ser ;)