Solla pide recuperar o “xerme” de En Marea porque “falta debate político”

A deputada e case con seguridade futura líder de Esquerda Unida rexeita responsabilizar só a Luís Villares e reitera a súa aposta pola confluencia, pero advirte de que non debe ser só "electoral", senón "unidade popular real".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2017 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

A deputada autonómica por En Marea e única candidata a asumir a coordinación de Esquerda Unida (EU) na XII Asemblea Nacional desta formación, Eva Solla, reclamou que o partido instrumental liderado por Luís Villares volva ao seu "xerme", xa que "se bota en falta debate político", aínda que rexeitou centrar no ex xuíz toda a responsabilidade polas "diferenzas" no seo do espazo de confluencia.

A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla
A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista concedida a Europa Press, Eva Solla sinalou que "é evidente" que existen "diferenzas na formulación política" de En Marea, e precisou que Esquerda Unida "nunca as ocultou, e púxoas de manifesto sempre desde a lealdade". "Sería absurdo negar as diferenzas nun espazo amplo, pero tamén sería improductivo utilizalas como arma arreboladiza, porque se lle vai mal á confluencia, vainos mal a todos", apuntou.

Segundo analizou, "o camiño que está a tomar" o partido instrumental "non é consecuente" cos acordos da marea constituínte. Así, referiuse a cuestións como a "horizontalidade" e a participación dos diferentes espazos dentro de En Marea, a portavocía coral "que non se cumpriu", ou a "ausencia de debate sobre temas que importan á xente" .

Ao seu xuízo, En Marea ten "unha estrutura máis vertical do que debería" e "moito máis pechada", e un "discurso máis conservador" do que se buscaba cando naceu este espazo de confluencia. "Hai que abandonar a estrutura partidaria", reclamou Solla, quen advertiu de que "é imprescindible" que En Marea "se abra" e que "se retome o debate político esencial, nese marco da esquerda rupturista".

RESPONSABILIDADE DE LUÍS VILLARES

Non entanto, e con respecto a esas "deficiencias que hai que corrixir", Eva Solla rexeitou centrar a responsabilidade unicamente na persoa de Luís Villares, quen compatibiliza a portavocía parlamentaria coa orgánica dentro de En Marea.

Así, lembrou que Esquerda Unida non ocultou o seu "descontento" ao comprobar que a coordinadora de En Marea deixou "fóra" a "actores principais" da confluencia, pero apuntou que "iso non é responsabilidade dunha única persoa" senón unha "responsabilidade compartida" duns "actores que están a excluír a outros".

FUTURO PAPEL NO PARTIDO INSTRUMENTAL

En todo caso, Eva Solla expresou o seu "optimismo" sobre o éxito da confluencia como fórmula de acción política, e asegurou que Esquerda Unida vai facer "todo o posible" porque as diferenzas se liquiden, xa que non son "problemas insalvables".

A ese respecto, coa vista posta no plenario de En Marea do 3 de xullo, a próxima coordinadora de EU expresou o seu desexo de que o contido desa asemblea "se base máis no político" e que se liquiden os problemas "para seguir avanzando". "Nós seguimos apostando pola confluencia, non imos abandonar ningún proxecto. Pero non depende de nós, senón de todos os actores e da vontade que haxa de resolver os problemas", puntualizou.

En referencia ao papel da súa formación no espazo de unidade, Eva Solla afirmou que "se finalmente non hai vontade ou hai dificultades para que En Marea volva ser un espazo horizontal e de participación, está claro que EU tomará as decisións pertinentes", aínda que admitiu a complexidade dese posible escenario, dado que hai outros proxectos de confluencia, como a coalición no Congreso ou as mareas municipais.

GRUPO PARLAMENTARIO

Sobre o labor do grupo parlamentario de En Marea na cámara autonómica, Solla valorouno como "positivo", e sinalou que as "dificultades" do partido instrumental "non afectan o funcionamento" do equipo parlamentario.

Con todo, recoñeceu que se trata dun grupo "heteroxéneo", no que "moitas persoas non tiñan experiencia política", e no que "hai xente que ten que ir acomodándose e aprendendo a facer o traballo nas institucións".

NOVA ETAPA

Eva Solla referiuse tamén á nova etapa que se abrirá en Esquerda Unida coa súa chegada á dirección, e subliñou que, ademais de "afianzar as cousas que se fixeron ben" coa dirección de Yolanda Díaz (quen seguirá tendo un "papel relevante" na formación polo seu "peso político e experiencia"), centrarase o traballo en "recuperar o pulso da rúa, do conflito e dos movementos sociais".

"Hai que lembrar que a unidade popular real non é só a confluencia electoral", indicou, aínda que matizou que EU "nunca abandonou" a presenza a pé de rúa ou neses movementos sociais.

Solla reiterou a "aposta inequívoca" da súa organización política pola confluencia en sentido amplo e, con esa filosofía, apostou por dar "preponderancia" ao traballo en ámbitos próximos aos cidadáns. "Hai que facer propostas serias, algo que ofrecer á xente, que vexan que hai alternativa", subliñou, facendo fincapé na necesidade de "chegar" ás persoas que, a pesar dos recortes, "seguen votando ao PP".

EU pretende así ofrecer o seu proxecto a unha Galicia na que se produciu un "adelgazamento" dos servizos públicos, destruíuse emprego e tecido industrial, e minguáronse as condicións dos traballadores e os dereitos dos cidadáns en xeral, describiu Solla.

Finalmente, con respecto ás mareas municipais e outros espazos de unidade local nos que participa a organización, Eva Solla eloxiou o seu traballo, sobre todo o dalgúns concelleiros de gobernos que deben afrontar "moitas dificultades" e apostou por "consolidar" esta fórmula. "Creo que deben continuar o seu percorrido, mellorando as cousas que haxa que mellorar, e reforzando o que se fai ben", aseverou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 RAMIRO DE YOLI

Discurso totalmente oposto ó que manteñen Yoli Procesiones e Toné, que se queren cargar En Marea para potenciar UNIDOS PODEMOS

3 COMUNISTA DEPENDENTISTA

Eu sei como tratar a toda esta tropa expañolenta, delirante de IU ilusionistas unidos, eu sei como facelos desaparecer para sempre da nosa patria galega, e todos ... absolutamente todos sabemos que estaríamos mellor sin os porcos de podreiros do expañol!!! GALIZA será libre GALIZA dexiara de ser roubada GALIZA deixara de ser aldraxada. A MAREA ESTA PODRE... A MAREA ESTA EN REFLUXO!!!

2 Gamela

semella vivir moi ben nas Institucións do Réxime ? seica está moi contenta co "funcionamento" do Grupo Parlamentar de En Marea ? https://goo.gl/ZmJivL Pero algúns deben pensar que a xente é parva e non sabe ler nin pensar por sí mesma ? As contradiccións non están só dentro da Marea senón dentro dos membros dunha cousa chamada EU Galicia que se non fose polos votos cabreados dos PODEMOS ORFOS ían estar sachando algunha leira abandonada a monte dende hai tempo e tempo... https://goo.gl/L8xKOh

1 comunista independentista

Trolls a soldo do Bloque a ladrar en 3, 2, 1...

1 Galiza ceive

Pero se sempre eres ti o primeiro en ladrar...pesado. Eres cansino hasta decir basta.

2 Kollontai luguesa

Pensaches na miña oferta, comunista dependentista, sobre o o noso food truck? Xa teño nome e todo para el "Cacheirapassion": cacheira saborosa con pan de molde! Fusión galaico sideral con sabores de bosques tropicais combinada coa doce verdura dos nosos eucaliptais... A ver, xa teño o marketing moi "perfomado": ti e eu con "traxes rexionais" e coma logo un koala saíndo dos eucaliptais... En fin, deixoche unha cancionciña para a finde https://www.youtube.com/watch?v=S9Y... Xa están tremendo nas capitais mundiais do food truck? Vaites, aínda que eu só coñezo as camionetas habituais en películas coma "The van": https://en.wikipedia.org/wiki/The_V... Está claro vós sodes moito máis cool ca min que non son "urbana"... Ai, que peniña a miña! Pero seguro que por aquí hai quen nos poida asesorar en trucks e outros "vehícalos". Por certo, ladrar ladras ti, meu, á lúa!

3 comunista independentista

"eres", "cansino", "hasta", "decir"... Gramática del gallego bloquero. Primera lección: El "i logo".

4 Galiza Ceive

eu non son do Bloque, nin puiden estudiar, vas de comunista, e riste de alguén porque non sabe escreber ben o galego, eu con 16 anos xa estaba na obra, non tiven que me pagara a carreira en Santiago, como a ti.

5 comunista independentista

Non nos contes a túa vida inventada nin inventes a miña. Para empregar correctamente a nosa lingua non fai falla carreira ningunha, tan só un mínimo de interese e respecto.

6 Brunito

Se non poido vostede estudiar, pasoulle a moita xente, áinda está a tempo, Pero no se adique a traballar para o PP

7 Chovito, pailaroco

Este pailán é colega comunista independentista, para quen lle interese. Apoucadinho nas assembleas e coa boca grande en internet. https://m.facebook.com/moncho.lareu...