Ruanova, 'internacional' con Brasil

O triatleta compostelán, que venceu o ano pasado no Campionato Brasileiro tras regresar ao profesionalismo, convocado por primeira vez pola selección do Brasil. “É um orgulho muito grande e aguardo aproveitar ao máximo a oportunidade”, di Ruanova, que aos 30 anos aspira a debutar este ano nas Series Mundiais.

Por gcdeportes | Compostela | 19/05/2017 | Actualizada ás 09:29

Comparte esta noticia

Galego residente dende hai dous anos no Brasil, o triatleta Antón Ruanova (Compostela, 1986), que xa competía baixo bandeira brasileira, foi convocado por primeira vez para integrar a Selección Brasileira de Elite, xunto con Danilo Pimentel, Pâmella Oliveira e Beatriz Neres. Ruanova, que venceu no Campionato Brasileiro de Triathlon do 2016, non agocha a súa felicidade coa convocatoria. “Fico muito feliz por fazer parte por primeira vez da seleção nacional. É um orgulho muito grande e aguardo aproveitar ao máximo a oportunidade. Sei que é muito difícil chegar até aqui, mas também sei que o caminho só esta começando. Acredito que com trabalho e fé vamos continuar crescendo e atingindo nossas metas”, declarou á web da Confederação Brasileira de Triathlon (cbtri.org).

O triatleta compostelán loitará por debutar este ano nas WTS.
O triatleta compostelán loitará por debutar este ano nas WTS. | Fonte: CBTri

O triatleta galego, que este ano xa se subiu ao podio no Campionato Sudamericano (terceiro) en Montevideo, quere loitar por repetir podio nas Copas do Mundo de Salinas e Bos Aires para dese xeito ascender no Ranking Mundial, coa vista posta en debutar nas Series Mundiais (WTS) e o soño de disputar a gran final deste ano en Rotterdam (16-17 de setembro).

“É um calendário bem desafiador! Tenho muita vontade de fazer o Team Relay, uma prova espetacular que possivelmente possa fazer parte do programa olímpico para Tóquio'2020. A participação na Grande Final das WTS não será fácil, depende da pontuação no Ranking Mundial. É a melhor prova de triathlon do mundo, seria cumprir um grande sonho e para isso vamos trabalhar. Enquanto ao Pan-americano e as Copas do Mundo de Salinas e Buenos Aires quero brigar pelo pódio”, destacou Ruanova, que en agosto cumprirá 31 anos.

Dobre subcampión de España de tríatlon (2010 e 2013), Ruanova deixou o deporte profesional no 2014, farto da falta de apoios da Federación Española, que lle negaba a posibilidade de competir xunto aos mellores nas Series Mundiais. Emigrado en Brasil cunha prestixiosa beca ICEX, o país brasileiro deulle unha segunda oportunidade e regresou ao profesionalismo no 2016: o galego venceu no Campionato Sudamericano na primeira proba que competiu coas siglas BRA no peito.

“Trabalho e fé são essenciais para termos um desempenho satisfatório”, asegura Ruanova, a quen ilusiona a posibilidade de estar nos vindeiros Xogos Olímpicos de Toquio’2020 baixo bandeira de Brasil.

Antón Ruanova compite baixo bandeira brasileira dende o ano pasado.
Antón Ruanova compite baixo bandeira brasileira dende o ano pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta