CSIF alerta de miles de despedimentos na Xunta

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) alertou ante unha disposición adicional incluída no proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que podería supor "o despedimento forzoso" de "4.500" interinos e empregados temporais da Adminstración Xeral da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2017 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A través dun comunicado emitido este sábado, o sindicato denunciou que o proxecto de lei do PGE "establece por primeira vez un límite temporal, de tres anos, na contratación de persoal laboral temporal e no nomeamento de funcionarios interinos na administración", que suporía "o despedimento fulminante do traballador".

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

Así, sinalou que, a partir da entrada en vigor dos orzamentos --pendentes de ser aprobados no Congreso--, incluirase "unha cláusula no contrato de traballo ou no nomeamento como funcionario interino".

Segundo apunta a CSIF, a disposición podería afectar "a máis de 4.500" empregados públicos "só na Administración Xeral da Xunta", "aos que haberá que sumar os interinos e temporais dos sectores de Educación, Sanidade, Xustiza, etc".

"Esta norma busca blindar ás distintas administracións fronte ás numerosas demandas de indefinición presentadas", sinalan, para logo lembrar as sentenzas xudiciais tanto a nivel español como europeo que "puxeron de relevo o abuso continuado da contratación temporal por parte das administracións públicas españolas, incluída a galega".

Deste xeito, cualificou a nova norma como "inxusta e innecesaria", á vez que insta as administracións a convocar prazas para corrixir "as intolerables taxas de responsabilidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 pepedapera

E a maioria dis interinos da Xunta son tamen enchufados do PP, de maneira que esta noticia non semella que vaia ter recorrido ningun

1 Angela

Pero se o CSIF é o sindicato do PP