Galicia, soporte clave na vitoria de Sánchez nas primarias do PSOE

O ex-secretario xeral arrasa no país con máis do 66% dos votos, 16 puntos máis que en España. A nivel estatal, superou a barreira do 50% cunha vantaxe de máis de 10 puntos sobre a presidenta andaluza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/05/2017 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Segundo datos da web oficial do PSOE, o 50% da militancia votou por Pedro Sánchez, fronte ao 40% por Susana Díaz e pouco máis dun 10% por Patxi López.

Pedro Sánchez, candidato á Secretaría Xeral do PSOE
Pedro Sánchez, candidato á Secretaría Xeral do PSOE

En Galicia a vitoria do ex-secretario xeral é máis amplia, 66% fronte a 27% e 7%. En poucas autonomías houbo máis apoio para Sánchez que en Galicia. Así, co 100% escrutado Pedro Sánchez acadou 5.442 votos, fronte aos 2.235 de Susana Díaz e os 601 de Patxi López.

En Galicia a súa vitoria foi xenarilazada. Gañou en todas as provincias e con porcentaxes de voto superiores ao 60%, unha media superior a acadada no conxunto do Estado, onde acadou un 50% de voto, fronte a case un 40% de Susana Díaz e un 10% a Patxi López.Tamén en Galicia a segunda opción elixida polos militantes foi Susana Díaz, mentres que o terceiro, a moita distancia, foi Patxi Vázquez.

O ex-secretario xeral gañou incluso en Vigo, onde Abel Caballero, alcalde, fixo campaña a prol da presidenta andaluza.  Malia isto, Sánchez tivo uns 60 votos máis que Díaz, 313 fronte a 244.

En Lugo, Sánchez gañaría cuns 225 votos fronte aos pouco máis de 100 da súa rival. Tamén en Ourense fíxose con 277 votos, fronte aos 211 de Susana Díaz. En Pontevedra, o ex-líder tamén gañou con claridade (uns 70 sufraxios da vantaxe) e igualmente ne Vilagarcía (tamén cuns 70 votos de diferencia).

Candidatos PSOE
Candidatos PSOE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 Sesees

Boa xogada do PP, a esquerda dividida en 5 ou 6 partidos. Se non fose pola corrucion tiñamos Pp para anos, e ainda asi, deixa a ver

7 comunista independentista

A ver, os do Bloque, convocade un consello nacional urxente para vos poñer de acordo sobre se a vitoria de Pedro Sánchez é boa ou mala para as vosas odiadas Mareas, que estades a facer o ridículo nas redes sociais.

1 Kollontai luguesa

E lóxico que ti asesores sobre facer o ridículo. Es todo un experto. Por certo, eu non son do bloque, xa sei que ser independente e pensar por un mesmo son conceptos difíciles de asimilar para ti pero téntao. O que pasou é sinxelo: simplemente a rama centrista-centralista-centrada progresista do gran partido neoliberal europeísta en España non a ides liderar vós, senón Pedro. Vaites que non sodes cándidos e os galegos de esquerda a seguir votando por quen non saben nin xestionar unha cidade e cando llelo recriminan choran polos currunchos ou acusan a terribles conspiracións... Que peniña de país!

2 nostrus

Luguesa, o Pedriño acadou a maioria do voto dos militantes, pero dubido moito que os simpatizantes e o electorado fagan o mesmo. Eu mais ben creo que é unha mala nova para o partido porque o que fai Pedro é espantar debido ao seu acercamento aos naciosos. De feito as maiores reservas de votos do PSOE estan en Andalucia e alí hai un profundo sentimento de españolidade que non choca para nada con ser andaluces. Espera un pouco tempo e xa veras como o PSOE descende inda mais e o único beneficiado é o PP que triunfa polas torpezas dos seus rivales. Das relacions cos nacistas só se poden esperar unhas venéreas.

3 Kollontai luguesa

Ai, Nostrus que inocentón es. http://www.abc.es/espana/pais-vasco... Por certo, sabes se protestou alguén de los de Ribera? Supoño que sodes trolls, porque non podo crer que haxa persoas cunha visión tan acrítica, nesgada (ti criticas o nacionalismo dos outros e non o teu propio) e simplista... Vaites... Si que o creo porque se non coma explicar o ascenso do ninismo rama centro dereita e do da rama centro esquerda... E evidente que o ninismo (ni de derechas ni de izquierdas) ten moito en común por isto no básico coincides co komunista de arriba... Ai... que spleen me provocades.

6 Kollontai luguesa

Xa escribin eu aqui hai uns dias que o futuro da progresia iase escribir con p, pero non de Pablo. Pero non desesperedes mareantes e podemitas que seguro que algun vos colocades de menistro ou asesor... Chamademe a Casandra luguesa.

1 Marqué de Trastámara

Eres incombustible. Onte en vez de respostas cáseque nos ofreceches as túas memorias. A mn dinme que me paso dos mil caracteres; ti debes ter bula con eses aparatos tan sofisticados que deben decidir en función das burradas que se escriben. Non vou cair na trampa. Déixoche o campo para que nos ilustres cdon esa túa filosofia parda que nos ofreces, pero....por favor, dinos algo diferente de cando en vez. Non sexas tan ladrillo, profe...

2 Kollontai luguesa

Ti xa tes gurús, así que non precisas das miñas explicacións. O teu é seguir instrucións simples, polo que se ve, e argumentarios. Polo demais, que culpa teño eu de que os teus coñecementos informáticos sexan limitados. Aprende. De todos xeitos voume ir, cando menos por uns días, aburrídesme moito co voso minifundismo ideolóxico e as vosas gallegadas ao Xan das Bólas.

5 arzuacapital

"O ex-secretario xeral arrasa no país". Ben, polo menos vós escribides país, non como os de Praza que xa vin por aí esta noite qu se refería aos resultados na "Comunidade"... COMunidade de que? de Veciños? Comunidade de Augas? do anel?... En fin...

4 Gamela

ABEL & CARMELA S.L. https://flic.kr/p/rW5UC8 Máis de 3.000 votos de diferencia a favor de Pedro Sánchez na provincia de Pontevedra! http://consultasg.psoe.es/

1 Gamela

rectifico, 3207 votos de diferencia en Galicia dedicatoria para Abel o Pitoniso https://twitter.com/Gamela2017/stat...