Pleno.- O PP defende manter e promover as axudas na área de rehabilitación dos Camiños como mínimo ata 2020

A deputada do PPdeG María Antón defendeu no pleno unha iniciativa para "manter e promover as axudas" na área de rehabilitación dos Camiños de Santiago nos próximos anos e "como mínimo ata 2020" que, salvo sorpresa, será aprobada na votación deste mércores, dada a maioría absoluta dos populares.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 20:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A deputada do PPdeG María Antón defendeu no pleno unha iniciativa para "manter e promover as axudas" na área de rehabilitación dos Camiños de Santiago nos próximos anos e "como mínimo ata 2020" que, salvo sorpresa, será aprobada na votación deste mércores, dada a maioría absoluta dos populares.

A deputada incidiu na importancia destas axudas e as vantaxes de programas como o de 'Vivendas no Camiño', coa vocación de contribuír á mellora da calidade de vida dos veciños que viven no ámbito da afectación dos Camiños, potenciar o coidado da contorna e traballar pola fixación de poboación no rural.

O resto de grupos acolleron con escepticismo a proposta popular, como plasmaron Noa Presas (BNG), María Pierres (PSdeG) e Marcos Cal (En Marea).

De feito, se Pierres subliñou a "incidencia ridícula" das axudas dada a "baixa contía" na que se traducen as axudas, o parlamentario de En Marea sinalou que se trata dunha iniciativa dos populares "para cubrir a ficha" e para que "pareza que fan pero sen facer".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta