Unha persoa ferida tras un accidente múltiple na AP-9, na entrada da ponte de Rande

Unha persoa resultou ferida nunha colisión na que se viron implicados tres vehículos na AP-9, na entrada da ponte de Rande en dirección Pontevedra e ao seu paso polo Concello de Redondela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 21:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida nunha colisión na que se viron implicados tres vehículos na AP-9, na entrada da ponte de Rande en dirección Pontevedra e ao seu paso polo Concello de Redondela.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido minutos antes das 17.30 horas desta tarde, por un aviso do 061, e alertou a efectivos de Bombeiros do Morrazo e Vigo, ademais de Garda Civil de Tráfico.

Horas antes e tamén na ponte de Rande, rexistrábase outra colisión múltiple con tres vehículos implicados, aínda que sen feridos.

O sinistro ocorreu no medio da ponte, en dirección Pontevedra, xa no termo municipal de Moaña. Un particular alertou do choque sobre as 15.45 horas desta tarde, e o 112 informou á Garda Civil de Tráfico.

Doutra banda, unha nena resultou ferida esta mesma tarde tras ser atropelada por un vehículo en Vigo, concretamente na a rúa Tomás Paredes.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido minutos antes das 18.00 horas, a través dun aviso de Urxencias Médicas, que xa enviara unha ambulancia ata o punto para asistir á vítima.

Tamén se rexistrou unha colisión múltiple no municipio de Boiro, con tres vehículos implicados, e que se saldou cunha persoa ferida.

O sinistro produciuse no paseo marítimo de Barraña, sobre as 14.30 horas, e a central de emerxencias informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Boiro, xunto con de Protección Civil e da Policía Local.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta