Un ferido tras chocar co seu vehículo contra un poste e dar varias voltas de campá na Capela (A Coruña)

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía, chocar contra un poste e dar varias voltas de campá mentres circulaba polo municipio da Capela, na Coruña .

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2017 | Actualizada ás 20:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía, chocar contra un poste e dar varias voltas de campá mentres circulaba polo municipio da Capela, na Coruña .

Un particular alertou do accidente ao 112 Galicia pouco antes das 16.30 horas, na estrada que unha Cabanas coas Pontes.

O coche impactou contra un poste da iluminación pública e acabo dando varias voltas de campá. A pesar diso, só se rexistrou un ferido leve que puido abandonar o vehículo polos seus propios medios.

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse ao 061 e aos Bombeiros do Eume, ademais da Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta