Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 10:15
Galicia rexistrou máis de 2.000 raios nunha xornada marcada polas treboadas e o aumento da inestabilidade.
Meteogalicia informou no seu perfil de 'Twitter' da actividade eléctrica deste xoves, ademais de concretar que o aviso amarelo por treboadas incumbe á franxa entre as 12,00 e as 21,00 horas deste venres.
Así, ata as 21 horas deste xoves, o centro meteorolóxico advirte de choivas acompañadas de treboada e sarabia, que poderían ser localmente fortes, en toda a provincia de Ourense; o centro, o sur e a montaña de Lugo, así como o interior de Pontevedra.
Para este venres, mantense a previsión de inestabilidade atmosférica e as altas temperaturas que viviu Galicia nas últimas horas, que xa baixaron, experimentarán un descenso aínda máis acusado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.