Dominio galego na Internet

A Asociación Puntogal remitiunos un comunicado no que anuncia a posta enmarcha dunha campaña para conseguir o dominio propio galego na Internet.....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/04/2006 | Actualizada ás 09:27

Comparte esta noticia

Unha ducia de entidades representativas de diversos ámbitos da sociedade galega constituíron en Santiago de Compostela a promotora da Asociación PuntoGal, que ten como obxectivo a consecución do dominio .gal como espazo propio na internet para a cultura e a lingua do país. Estas organizacións avalarán a candidatura diante da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo internacional que se encarga de autorizar e de recoñecer os dominios.

A asociación nace tamén coa pretensión de sumar o maior número posible de apoios sociais para a iniciativa. Igualmente, realizará accións de concienciación entre a cidadanía sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio.

A promotora está conformada por representantes da Asociación de Editores de Galicia, da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, da Asociación Fillos de Galicia (fillos.org), do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, do Consello da Xuventude de Galicia, das Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet), de Galicia Hoxe, do Idesga-Galego 21, do ISOC-Galicia, da Mesa pola Normalización Lingüística, da Real Academia Galega (RAG) e de Vieiros.

Pola propia complexidade do proceso a promotora considera fundamental traballar dando pasos firmes, actuando con axilidade e contando cun amplo respaldo social. A ICANN valora as propostas en función da xustificación, da necesidade de ter o dominio e dos apoios dos que dispón a propia candidatura dentro do seu territorio; por iso é imprescindible artellar unha candidatura sólida coa presenza de importantes organismos e asociacións galegas no ámbito cultural, lingüístico e da comunicación.

Nestes momentos, o grupo de traballo está a manter reunións para coñecer experiencias doutros casos similares, especialmente o catalán; prepara un calendario de actuacións en base á axenda da propia ICANN; estuda as opcións para elaborar e defender os preceptivos informes da candidatura; e elabora os estatutos que rexerán o funcionamento da asociación. Sobre cada unha destas cuestións, así como das maneiras de sumarse a este ilusionante proxecto, volverase informar en novas comunicacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 yeye

Eu reclamo o punto G.

Non nos saltemos a lei, pasemos dela.
¿Qué máis ten un .gal que un .gz que un .gai? ¿Alguén me pode explicar en qué é importante un .g**?

Eu reclamo o .ib, que abranga a península ibérica toda, ata Xibraltar, e o .vg, xa sabedes de qué.

E eso de "entidades representativas" [...] "da sociedade galega". Non sei ata qué punto representan á sociedade ou á "cultura" galega. Ben, reúnense esas entidades representativas coa fin de acadaren un "espazo propio na internet para a cultura e a lingua do país". Polo que vexo o obxectivo é acadar un espazo propio, onde propio, neste contexto da internet significa que o dominio acaba en ".gal"; incluso podo, cando existe, rexistrarme como ".gal" e monta-la páxina en castelán, inglés ou noruegués, que esté hospedada en calquera parte, que me visite xente de calquera parte do mundo, que a empresa que sosteña a páxina sexa de onde for, pero eso si: ".gal".
¿E o propio?


"concienciación entre a cidadanía sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio".

Eu non vexo necesidade.

3 rabona

GAL é o mellor dominio porque vale para Galicia e para Galiza. Vale para todos os que non mataron saltandose a lei

2 Antom

e por que non ponto gz. Lembrando que hoxe por hoxe o termo galiza é recoñecido polas normas ilg-rag e dicir a normativa oficial vixente. porque facer un gal ( que feo nome ao igual que longo)que ademais pode mal entenderse con certo grupo terrorista de estado cando gz sempre significou galiza e é oficial??

1 Rubalcaba

Iso de punto GAL non se que lles parecerá ós do psoe...