O cura de Xestoso cualifica de “pecado” as críticas de Rouco Varela ao Papa Francisco

O arcebispo criticou duramente a Francisco durante unha xuntanza con seminaristas. “Non merece ser da Terra Chá”, asegura o cura Luis Ángel Rodríguez Patiño.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/05/2017 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Rouco puxo a parir ao Papa Francisco diante dos seminaristas”, este foi unha das mensaxes que circularon hai uns días entre media curia eclesiástica de Murcia, onde o o cardeal Rouco Varela criticou duramente ao Papa Francisco nunha xuntanza con seminaristas. "Notábaselle un evidente menosprezo ao Papa", apuntaba un 'escandalizado' seminarista nun tuit.

Xenuflexión de Mariano Rajoy a Rouco Varela
Xenuflexión de Mariano Rajoy a Rouco Varela | Fonte: Getty.

   

"Non só é un escándalo, atreveríame a dicir que é un pecado", asegura o cura de Xestoso (Monfero), Luis Ángel Rodríguez Patiño, que non é a primera vez que critica duramente a Rouco Varela polos seus ataques ao Papa Francisco. Hai uns anos xa escribira unha carta criticando a súa actitude co novo pontífice. “Rouco puxo verde ao Papa Francisco, dicindo que non se interesa pola educación e contrapoñéndoo a Xoán Paulo II, que foi o gran evanxelizador, que evanxelizou máis que os doce apóstolos xuntos", apunta.

Estas críticas de Rouco tiveron lugar a pasada semana no comedor do seminario de San Fulgencio de Murcia, tras a celebración das Vésperas. Na cea, había uns 70 seminaristas do seminario diocesano e do Redemptoris Mater dos Neocatecumenales, asi como os seus respectivos formadores.  "Rouco parecía sentirse a gusto e con ganas de langoretear. Tanto é así que nos tivo alí, contando as súas  'batallitas' ata as doce da noite. E algunhas, como as referidas ao Papa Francisco, un pouco subidas de ton", conta uns dos presentes na cea-coloquio. 

Mentres algúns seminaristas preguntábanse como era posible que "un cardeal podía estar a dicir estas cousas contra do Papa, Rouco Varela insistía en declarar publicamente o seu nulo afecto por Francisco". "Notábaselle un evidente menosprezo ao Papa, por non ser un bo teólogo e pola súa falta de capacidade evanxelizadora. E para apoiar a súa tese acudía, unha e outra vez, á comparación con San Xoán Paulo II e con Bieito XVI", sinala o cura de Xestoso que contou un presente na charla.

“Que un cardeal diga estas cousas do Papa, escandaliza. Pero que o diga ante mozos en formación e, por tanto, influenciables ante a púrpura, escandaliza aínda máis a calquera persoa co máis mínimo sentido moral. Máis aínda, atreveríame a dicir que é un pecado", denuncia o párroco de Monfero.

“Non merece ser da Terra Cha”

Por iso di rotundo que “Rouco non merece ser da Terra Cha –é de Vilalva--”, apunta o cura de Xestoso nun comunicado. “O  Papa coñece aos seus 'opositores' con nomes e apelidos. E sabe que continuarán poñendo paus na roda da súa revolución tranquila. Seríalle moi fácil descabezarlos. Pero non o fará”, indica. 

Luis Ángel Rodríguez destaca que o Papa Francisco busca que o sector máis conservador da Igrexa tamén “entre no cambio”. “Aínda que iso lle custe tempo e dores de cabeza. Sabe que só poderá cambiar a igrexa con prudencia e lentitude, porque un terzo dos bispos do mundo rema na súa contra”, engade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

3 Cristiano

No entiendo. Resulta que el cardenal Rouco no puede criticar al papa Francisco más o menos en privado. En cambio, el cura de Xestoso si que se cree con derecho a criticar en público al cardenal Rouco. Ese cura debería aplicarse su propia vara de medir.

2 Buffito

A este sacerdote con tanto afán de protagonismo creo que le vendrían de lujo unas semanitas en una casa de ejercicios para que pudiese reflexionar sobre el valor de la modestia en una persona de su dignidad, investida del Orden Sacerdotal.

1 falou o Buffito

Sim, e Rouco Varela tem a modestia bem posta, claro claro. Vai gharanar noutro sitio, trapalheiro.

1 LKI

A quen se ocorre falar mal do Papa Francisco? http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Kollontai luguesa

Nestes temas é mellor pedir a opinión dos verdadeiros expertos coma Kichi: http://www.infolibre.es/noticias/po...

2 Kollontai luguesa

Por certo, aquí eu sufrín un linchamento mediático por dicir que Casares era un bo escritor e que non había que ver a realidade de forma maniquea e outros enxalzan a Pemán e non pasa nada. Coherencia podemita-mareante, mareante-podemita, podemos e debemos marearnos... http://www.elplural.com/2015/08/01/... Onde andades os apóstoles da coherencia? Os inquisidores prestos a condear? A xauría desatada contra Casares? Onde andades... Xa sei, coma moito recibirei un insulto ou un exabrupto coma resposta, porque é a única que sabedes dar. Cando asomades a patiña provocades o arrepío astral e para mostra os insultos e descualificacións que recibo só por disentir de vós. Eu, só fago comentarios políticos sobre políticos, pero moitos non vos cortades un pelo en ataques ad hominem e despois proclamádesvos puros. Que vergonza!

3 Kollontai luguesa

Á ofrenda ao Antigo Reino de Galicia, un acto cun carácter marcadamente histórico, non se acode... Gran coherencia a mareante-podemita... Lembremos: http://elprogreso.galiciae.com/noti... Que conste que eu creo que non só non van por motivos relixiosos senón claramente políticos: non lles deben gustar as palabras que acompañan a "ofrenda". En fin, que protagonizara isto o alcalde dunha cidade que naceu grazas a unha catedral, unha das grandes cidades da Cristiandade que vive hoxe aínda, en grande parte, grazas ao turismo que esta xera xa di moito de coma somos os galegos: coherentes quizais? ou parvos? Déixóvolo á vosa elección... O dito "reunión de galegos, ano de fame"... Eu xa empecei a desconfiar cando vin a tanto desocupado en cadeiras ao aire libre seica en círculos...

4 Kollontai luguesa

O máis curioso é que moitos destes e destas tan vixiantes e críticos coa asistencia a actos históricos que teñan un certo verniz relixioso non dubidan en facer gala de crenzas acientíficas, de magufadas. http://www.elconfidencial.com/tecno... Pensaba retirarme desta "reunión de galegos" pero é que despois de ser linchada mediaticamente pola xauría neste blogue polo de Casares indigneime moito cando vin o de Kichi... Agora si que ciao. Encantada de coñecervos. Nostrus, botareite de menos... Se che digo que malia estar tan afastados ideoloxicamente ata se podía dialogar contigo creo que xa resumo a onde vai a desnortada esquerda galega. Ciao caros! Ata que volva!

5 Failde

Moito lle proen a algunhas as Mareas de Podemos! Pois non lle queda nada que rascar! Certamente, o Kichi está perdido (as desculpas para construir fragatas de guerra para a dictadura de Arabia Saudita son máis ridículas e perigosas que as medallas á virxen). E como en Podemos van de cúpula e de cópula, se Kichi froxea a compañeira de cama tamén... Riamos dos anticapitalistas de rosario, pandereta e fragata militar! E da especulación dos pisos, dos asistentes sen seguros, dos fondos de Venezuela e Irán... Dos falsarios de Podemos! Igual que do BNG que mantivo cruces fascistas (Castrillo en Vigo), programou e presidiu procesións ultracatólicas (Ferrol ou Monforte de Lemos), difundiu milagros no rueiro (Pontevedra)...

6 Failde

... E sexamos claros, a separación igrexa/estado, comportamento individual/público como autoridade, é de agradecer nas Mareas de Podemos. Logo, non asistir as ofrendas como cargo público é o decente. Rasca con forza Kollontai, debes ter o interior ben sarnoso e podre para vir con semellante ranciedade! Entendo que hai quen pretende confundir para atacar, triste papel de mandada, ou que anda tan perdida que non é quen de valorar o papel do Casares para sermos galiñas azuis... E, por riba, repetitiva como a cebola!

7 Kollontai luguesa

Hai que distinguir entre os actos individuais e aqueles nos que representas a totalidade dos teus electores e hai que saber a diferenza tamén entre actos históricos de relevancia simbólica e actos só relixiosos. Os teus amigos non a saben, nin a coñecen, nin se intúe que teñan intención de facelo. Quizais Villares, pero xa se ve coma o están tratando. De persoas que cualifican a outras de "sarnosas" e "podres" pouco se pode dicir. Por certo, tamén tedes casaristas entre os das Mareas ou simpatizantes, algúns ata escribindo sobre el. Por que non os criticas a eles, ti tan puro?

8 Kollontai luguesa, cebola

Estou farta dos que nos dicides aos demais como vivir ou como pensar, estou farta de que vos erixades en inquisidores e dáme pena que xente coma ti estea ou semelle estar/simpatizar cun movemento que, malia eu non o apoiar, goza de aínda moita aceptación e no que se inclúen persoas que respecto. E por certo, eu non son mandada de ninguén nin dinamizadora. A teor do teu afán de buscar polémica comigo ao mellor che acae a ti mellor ese papel. Que pases unha boa fin de semana malia que estar cheo de tanto odio e xenreira non debe de axudar moito e que viva a tolerancia. E por certo, ti nunca serías galiña azul, senón que formarías parte dos seus perseguidores.

9 Kollontai luguesa, cebola

Con respecto ao do aburrimento, seguro que ti tes moitas leccións que dar ademais de insultos e descualificación coma sarnosa. En calquera caso é ben tímida a túa crítica de Kichi e só polo seu afán de participar en actos relixiosos, aínda non dixeches nada da súa defensa de Pemán... Será que ata ti entendes o cinismo de criticar a Casares en Galicia e defender a Pemán en Andalucia: http://www.eldiario.es/andalucia/Pe...

10 Ana

Representas á 'totalidade", logo todos somos católicos, apostólicos e españolistas? Carai, e algunha sen sabelo! Un discurso que xa escoitei, da Pepa Vega Buján, para xustificar cando lle dedicou o BNG de Monforte na alcaldía unha avenida principal a Fraga! Penoso! E agora que comeza o Ramadan, polo mesmo, igual os alcaldes deben respeitar tamén en público, facendo obstentación pública de fé, ou son menos que os católicos? En fin, que agardar da Kollontai, que SEMPRE ataca ás Mareas (todo mal, moi mal), e NUNCA toca ao BNG (todo óptimo, perfeito), nin ao PsoE (o sócio necesário, así Casares era bueno e santo), nin ao Partido Podre (mellores que as Mareas, se hai que escoller, pois iso permite albergar ilusión de recuncar para o BNG). A min non me cheiras a cebola, fedes a xofre!!!

11 Kollontai luguesa, xofre

Eu falo de historia, non de relixión. Non desvies a atención porque eu estou escribindo sobre un acto de profunda raigame simbólica, un dos poucos actos de reivindicación galeguista que se podía levar a cabo durante o franquismo. E o alcalde representa á cidade. Outra cuestión son as decisións sobre honores que dan ou reciben, porque aquí xa é a maioría da corporación a que decide segundo a vontade popular. Eu a diferenza de vós critico o que considero que debo criticar do bloque ou das Mareas. Non me gustaron moitas das decisións do bloque en Monforte ou en Vigo. De feito nesta última cidade foi un goberno tan pésimo que non me sorprende que se produzan as maiorías que se dan agora. A min non me metades nas vosas liortas porque non son, nin fun, nin serei do bloque ou das mareas xa que eu son libertaria. Outra cuestión é que non soporte o discurso ninista e o critique...

12 Kollontai luguesa

Mirades a realidade dunha forma moi seitaria e as persoas de esquerdas que imos por libre, especialmente as galeguistas, non vos encaixamos nos vosos discursos cuadriculados, por isto me atacades. E por certo, eu non son católica, pero parafraseando a Isaac Deutscher direiche que son atea cristiá. El escribiu: " ¿Religión? Soy ateo. ¿Nacionalismo judío? Soy internacionalista. En ninguno de ambos casos soy judío. Soy, sin embargo, judío, por fuerza de mi incondicional solidaridad con los perseguidos y exterminados. Soy judío porque siento el pulso de la historia judía; porque debo hacer todo lo que pueda para asegurar la seguridad y el respeto, reales, no espurios, para los judíos." Pero claro, el era un troskista dos de verdade. https://es.wikipedia.org/wiki/Isaac... E eu sinto tamén a miña solidaridade con calquera perseguido en calquera época ou lugar, sen preguntar pola raza, relixión ou ideoloxía.

13 Kollontai luguesa

Pero, e a ver se me podo ir dunha vez despois de aclarar esta cuestión, porque eu que non son nin dinamizadora nin aspirante a canonxía, quería aclararlle algo a "Faílde" et alii.. Mirade, aquí estades furtándolle aos máis novos que teñan interese e aos que aínda lles deixarades un pouco de ideoloxía no voso proceso de desideoloxización ninista dous artigos fundamentais para entender esta teima compartida en contra de Casares de parte do bloque e de parte das Mareas... http://elpais.com/diario/1988/06/07... Antes Casares escribira: http://elpais.com/diario/1988/05/30... E eu quédome co espírito irreverente do que din autor do famoso que "se defina la U, si somos colonia o champú. https://www.youtube.com/watch?v=8PU...

14 Failde

Pois dirá libertaria a señora de Kollón, mais nin liberal semella, e si moi conservadora, encebolada, tradicionalista e resesa. E moi patrioteira, de partido ou partida. Abonda de postureo: o único acto galeguista do franquismo era a Misa de Rosalía, non unha xuntanza de alcaldes coa camisa azul falanxista! Ben, xa sabemos que é unha especialista en revirar a historia, como era aquelo dos "progres" que loitan contra o francés... E do Casares irreverente, dirixindo a entreguista Galaxia e no falso PSOE, de ganchete con Fraga (ministro fascista), Felipe dos Gal (terrorismo "bueno,"), García Sabell (recurrindo contra a igualdade de dereitos para o galego), Paco Vázquez (La, la, la...) e Fernández Latorre (La Voz de su Amo). O da señora de Kollón é patetismo ilustrado á máxima potencia! Antes de que se queixe, lamento magoar a súa alta autoestima travestida de sensibilidade, non se parou a pensar que igual padece o mal de altura...

15 Kollontai luguesa

Preferible que padecer o de baixura gabadora... Sodes moi seitarios e Galicia é moito máis ca vós, afortunadamente. En calquera caso, non me contestaches ao fundamental: e ti como tes a santa cara de criticar a Casares e defender o de Pemán e Kichi? De todos os xeitos es mestre en desviar a atención, a ver se non vas ser só un aspirante a asesoriño rexional? E con respecto á loita contra o francés eres un verdadeiro ígnaro. https://gl.wikipedia.org/wiki/Juana...

16 Kollontai luguesa

Vaites, non estou de humor para te aturar. Boas noites e bon appétit que mañá é domingo. E que siga o mundo a correr. Ao fin voume despedir cun diálogo de Violeta na Traviata, porque vaites que para xentiña tan "cuadriculada" coma ti eu tamén son unha extraviada: "Amami, Alfredo, quant’io t’amo/Addio." Vaites addio e un vidiño para que teñas mellor appétit mañá: https://www.youtube.com/watch?v=c7E... Amodiño... Sempre! Ai...... Eu isto case llo dedicaba ao comunista independentista... Pero, vaites, ao mellor ata sodes o mesmo. Addio!

17 Failde

A señora de Kollón insiste na sus obsesión enfermiza contra podemitas e mareados, mentres salvaguarda o sistémico PSOE e marcas brancas asociadas (BNG, por exemplo). Vostede saberá de obediencias... Como xa lle dicen, Kichi está perdido, renego dos amigos da fragatas, do rosario, da pandereta, dos patrioteiros, dos héroes, xestas, dos mitificadores da historia e dos postureos. Riome dos autodenominados anticapitalistas de Podemos. Recoñezo algo positivo na "nova política", que destapou as miserias dos partidos (aquí é onde lle doe e proe á señora de Kollón), para seguidamente entregarse. Lamento contrariala, errou cando me asocia a un rebaño. E se fora libertario de verdade? Iso, xustamente o que a señora de Kollón proclama, mais as evidencias amosan partido ou partida. Aínda está a tempo de mudar, tire a vestimenta de criada, deixe de servir amos que non a merecen!

18 urco

Kollontai, o de que Casares era bom escritor eh opinavel. Sobre gostos... O que parece mais claro eh que como tradutor tinha um nivel de afeizoado. A sua versom do Principinho eh manifestamente pobre.

19 Martiño de Coirós

Aburridos que sois, seguro que tu y la tal Kollontai (que feo eso de Kollona) sois dos carcas de la leche. ¡So viejunos! Ella pesada y tu por ahí. Lo de traducir El principito al gallego es que ya no lo entiendo habiendo traducción al castellano. A mi el que me mola es Garzón porque es elegante, hasta salió en El Vogue con su novia. Si en lugar de tantas tonterías sobre Casares os dedicaseis a hablar más sobre la necesidad de que los políticos de las Mareas tengan estilistas sería mejor. Es que Martiño aún pero Julio con esas camisas de cuadros... No me gusta nadiña su estilo.

20 urco

O do martinito de cuerones eh de traca. Ti es par vo ou fas-te?

21 Martiño de Coirós

Para que aprendas que se puede ser tolerante y de izquierdas: https://twitter.com/agarzon/status/... Y además estiloso. Aquí en GAlicia no se os da por las ceremonias religiosas y a lo mejor haceis bien, aunque a mi como Alberto no me vais. Por que voy a ser par vo si a lo mejor hasta votamos lo mismo. Par vos los dos viejunos estes de arriba. Lo dicho: A-P-R-E-D-E-R de Garzón.