Un cura dálle unha hostia á infanta Leonor

O sacerdote procedeu a darlle unha hostia a infanta Leonor que a encaixou sen protestar e ante a mirada dos seus pais que non reprobaron a actitude do crego. Incluso , segundo se puido comprobar, procederon a convidar á familia e autoridades varias a presenciar a primeira hostia que papou a infanta.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 31/05/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Fontes próximas á casa real indicaron que a infanta xa chegara á idade de que lle deran a primeira hostia e que os seus pais aprobaran que a recibira para que se fora acostumando ao mundo real.

O rei, o rei emérito e a infanta Leonor
O rei, o rei emérito e a infanta Leonor | Fonte: rtve.es

Pola súa banda, fontes da conferencia episcopal indicaro que aos nenos hai que darlles a primeira hostia novos para que non se aparten del camino del señor xa que senón se lles dá unha hostia a tempo “se hacen jevis o adoradores del diablo o comunistas que es peor o las tres cosas”, indicaron. “O góticas como las hijas de Zapatero”, engadiron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Procaz... pero cada quen sabe o que lle fai rir e por que motivos, supoño !