Dous policías resultan intoxicados nun incendio nun garaxe de Monforte (Lugo) que obriga a desaloxar tres edificios

Dous policías resultaron intoxicados por inhalación de fume tras participar no dispositivo de emerxencia por un incendio declarado nun garaxe da localidade luguesa de Monforte que obrigou a desaloxar tres edificios, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 20:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dous policías resultaron intoxicados por inhalación de fume tras participar no dispositivo de emerxencia por un incendio declarado nun garaxe da localidade luguesa de Monforte que obrigou a desaloxar tres edificios, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O lume declarouse ao redor das 15,00 horas deste venres no interior un garaxe da rúa Fontecha, onde se incendiou un coche. Segundo os datos do 112, calcúlase que o suceso obrigou a evacuar a 18 familias.

Os axentes, un da Policía Local e outro da Policía Nacional, foron trasladados a un centro hospitalario por Urxencias Sanitarias 061 cunha intoxicación por inhalación de fume.

O incendio estendeuse unicamente polo garaxe, calcinando o coche no que se iniciou. No entanto, as persoas desaloxadas aínda non puideron regresar aos seus fogares e os servizos de emerxencia continúan ventilando e arrefriando a zona.

No operativo participaron os Bombeiros de Monforte e Chantada, Urxencias Sanitarias 061 e a Policía Local.

INCENDIO NUNHA CANTEIRA DE XERMADE (LUGO)

Por outra banda, un incendio rexistrado tamén este venres nunha canteira do municipio lugués de Xermade causou diversos danos materiais, aínda que se saldou sen ningún ferido.

As lapas calcinaron a estrutura dun dos edificios da empresa, situada en Candamil, onde danaron o tellado e caudaron danos nalgunha maquinaria.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta