Copasa e Acciona acaparan as grandes obras públicas galegas

Entre as dúas grandes construtoras suman case o 20% dos 610 millóns de euros que se investiron en obra pública en Galicia en 2016. Acciona é a que máis leva. A construtora madrileña tamén é a preferida pola Xunta desde que goberna Feijóo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/05/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A guerra que comezaron hai unhas semanas Acciona e Copasa a conta da adxudicación dos accesos ferroviarios ao Porto Exterior de Ferrol non se entendería sen examinar o que suman as dúas empresas en obra pública en Galicia. O pasado ano Acciona levou 91 millóns de euros, fronte aos 77,67 de Copasa. As dúas moi lonxe da terceira Ogmios, que só contratou obras por pouco máis de 21 millóns.

José Manuel Entrecanales, presidente de Acciona
José Manuel Entrecanales, presidente de Acciona | Fonte: EP

E é que o montante total dese contrato acendeu a case 72,5 millóns de euros, unha suma que supón, practicamente, a facturación anual das dúas empresas só nunha única obra. Por iso, a principios de marzo Acciona denunciou que esta adxudicación podía dar lugar a un delito de “prevaricación, tráfico de influencias e malversación”. Unha denuncia moi rara entre grandes construtoras e que, finalmente, desestimou o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, dependente do Goberno central.

O pastel da obra pública é do máis apetecible para as grandes construtoras. De feito o pasado ano supuxo para as construtoras de Galicia o ingreso de 409 millóns de euros dos 610 millóns adxudicados en concurso públicos, o 67% do total. Non obstante, das cinco grandes que recibiron, só dúas teñen sede en Galicia, Copasa e Ogmios, precisamente, as dúas foron da man, xunto con Geotunel, nunha UTE na adxudicación denunciada por Acciona.

Proxectos como o do AVE, a construción dos tramos das autovías pendentes, sobre todo a de Santiago-Lugo, ou os accesos ferroviarios ao porto exterior de Ferrol son as grandes obras públicas pendentes e máis suculentas en conto ao orzamento da adxudicación. De feito, supoñen máis dun 40% do total das adxudicacións do pasado ano, 235 millóns en concursos públicos que dependen do Estado.

O resto son de obras públicas da Xunta ou dos concellos e deputacións. Así, o Goberno galego destinou 178,6 millóns, e os organismos provincias e concellos, pouco máis de 177 millóns. Con todo son estas últimas institucións a que máis contratan con empresas de Galicia. En total, o pasado ano, 143,2 millóns adxudicados por concellos (93,5% do total) e 33,8 das deputacións (o 88,4%) quedaron no país. Unha cifra que se rebaixa ao 70% no caso da Xunta e a case un 44% no caso das adxudicacións do Goberno español.

Feijóo na inauguración das xornadas 'Re-Acciona'
Feijóo na inauguración das xornadas 'Re-Acciona' | Fonte: EP

Acciona, a predilecta da Xunta

Con todo, desde que Feijóo é presidente da Xunta a construtora que máis obra pública adxudicada leva é Acciona, con sede social en Madrid. En total son 227 millóns de euros, o 10,4% de total da obra pública executada en Galicia desde 2009 ata o 2016.

Segundo os datos da Federación Galega da Construción, a segunda empresa é Copasa, de Ourense, que suma 203 millóns de euros, en total o 9,3% das obras. Siguenlle empresas tamén galegas, C. Taboada y Ramos, de Lalín, con 97,2 millóns e CRC Obras y Servicios, da Coruña con 97 millóns. 

José Luís Suárez de COPASA
José Luís Suárez de COPASA
Obreiro de COPASA
Obreiro de COPASA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 SOGAMA = COPASA

Tedes que contar que COPASA tamen recibe da Xunta a explotación e ampliación de SOgama.... outra manchea de millons cada ano por 10 anos !!!!!!! Menudo choio ten Copasa ca Xunta de Feijoo ao millor e por que o Jefe de Copasa tivo que ir a declarar na Gurtel.... quen sabe???

2 Buffoncito

É un escándalo. Hai que acabar cas mamandurrias, co glogló e co tracatrá.

1 Bolseiro

O que tendriaís que investigar é a contía das mordidas que se dan a funcionarios e políticos para gañar todas as licitacións.