Vitoria galega en Francia

O ciclista coruñés Pablo Torres, do Burgos BH, vence ao esprinte a segunda etapa e gaña a clasificación xeral do Tour de Gironde, na que é a súa primeira vitoria como profesional.

Por gcdeportes | A Coruña | 29/05/2017 | Actualizada ás 09:02

Comparte esta noticia

Éxito completo: etapa e clasificación xeral, e a súa primeira vitoria como profesional. O ciclista galego Pablo Torres, do equipo Burgos BH, impúxose no Tour de Gironde tras vencer ao esprinte na segunda e última etapa, de 155,7 quilómetros, con saída e chegada en Villenave D’Ornon.

O galego Pablo Torres ergue os brazos vencedor na liña de meta.
O galego Pablo Torres ergue os brazos vencedor na liña de meta. | Fonte: Alban Cordoba & Hervé Bidou

Pablo Torres, cun tempo en meta de 3h:38:37, aproveitou a súa punta de velocidade para impoñerse na liña de meta a Clément Russo (Team Probikeshop Saint-Etienne Loire) e a Flavien Maurelet (Blagnac Vélo Sport 31), que entraron co mesmo tempo, e de paso acadar os 12 segundos de bonificación, decisivos para a vitoria final. Antes, nun esprinte intermedio, o coruñés xa conseguira outros dous segundos de bonificación.

Na clasificación xeral, Pablo Torres (Burgos BH) rematou cun tempo de 8h:36:35, por diante de Flavien Maurelet, segundo co mesmo tempo, e de Mathieu Burgaudeau, a 10 segundos. O ciclista coruñés acada deste xeito o triunfo na 43ª edición do Tour de Gironde (categoría 2.2 no UCI Europe Tour) grazas a súa vitoria na segunda etapa e ao terceiro posto na primeira tirada do sábado, na que chegou co grupo de escapados.

Con esta vitoria, Pablo Torres, de 29 anos e profesional dende o 2012, amosa a súa rcuperación e o seu bo estado de forma despois da lesión que o obrigou a parar durante case tres meses. O triunfo do ciclista galego é o primeiro do seu equipo neste ano e o seu primeiro como ciclista profersional.

Pablo Torres, coa camisola amarela no podio final.
Pablo Torres, coa camisola amarela no podio final. | Fonte: @BurgosBH
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta