O PSdeG solicita unha visita institucional á nova sede do 112 ante a súa "preocupante" situación

O PSdeG solicitou que a Comisión Institucional do Parlamento galego visiten a nova sede do Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para coñecer "de primeira man" a "preocupante" situación que atravesa desde o seu traslado á Estrada (Pontevedra).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 15:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PSdeG solicitou que a Comisión Institucional do Parlamento galego visiten a nova sede do Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para coñecer "de primeira man" a "preocupante" situación que atravesa desde o seu traslado á Estrada (Pontevedra).

Así o indicou nunha comparecencia de prensa este luns o deputado socialista Juan Díaz Villoslada --portavoz socialista na devandita comisión--, quen alertou ante as deficiencias na atención ás emerxencias do 112 e a necesidade de emendalas antes da chegada do verán, cando aumentan as demandas de servizo.

Deste xeito, reclamou ao vicepresidente galego, Alfonso Rueda, que ofreza "explicacións" ante as queixas do persoal -que continúa en folga en protesta polo traslado desde Santiago-- sobre o funcionamento da nova plataforma informática para a atención ás emerxencias.

Así, recolleu a carta aberta enviada a Alfonso Rueda pola Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia na que denuncian tres casos de atrasos e fallos de coordinación rexistrados na última semana nas localidades de Cesuras (A Coruña), Pontecesures (Pontevedra) e Monforte.

Ademais, na misiva, os bombeiros alertan ante o mal funcionamento dun sistema informático que, en ocasións, non permite a entrada de chamadas e que, por tanto, aumenta o tempo de reacción ante unha emerxencia.

CRÍTICAS A RUEDA

Así as cousas, Villoslada afeou a actitude de "aquí non pasa nada" que mantén Alfonso Rueda respecto da situación que vive o 112 Galicia, cuestión pola que compareceu a pasada semana ante o Parlamento, onde defendeu que os problemas estaban relacionados coa folga que manteñen os traballadores desde o seu traslado ás novas dependencias da Estrada.

Sobre esta cuestión, o socialista expresou que o seu grupo non pon "en cuestión" o traslado da central do 112, aínda que engadiu que "si" comparten cos traballadores as súas queixas ante "a perda dun 14%" do seu salario por ter que custearse o seu desprazamento á Estrada dado que a maioría de empregados residen en Santiago.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta