Temas: ADEGA

Adega, declarada asociación de utilidade pública

A declaración da Xunta supón vantaxes fiscais para os socios e doadores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/06/2017 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Despois de 5 anos de trámites, a Xunta vén de declarar a ADEGA asociación de utilidade pública. Este feito reportará vantaxes non só para a entidade (acceso a liñas de axuda e financiamento exclusivas, xustiza gratuita -nalgúns casos-, entre outras) senón tamén para todos os socios e socias, que poderán desgravar unha parte importante das súas cotas na declaración do IRPF correspondente a 2017 (a presentar en 2018). Asemade, as persoas xurídicas que fagan doazóns terán tamén importantes desgravacións fiscais.

Asemblea da asociación ecoloxista ADEGA.
Asemblea da asociación ecoloxista ADEGA.

Así, poderase desgravar o 75% do aportado se a cantidade é inferior a 150 euros, mentres que as cantidades que excedan os 150 euros desgravarán o 30%. Ademais, as doazóns ou achegas recorrentes á mesma entidade (máis de 3 anos seguidos) desgravarán o 35% (o que exceda dos 150€) e o límite para o conxunto das deduccións é do 10% da base liquidábel.

Deste xeito, coa cuota social anual (ordinaria) de 48 euros desgrávanse 36 euros no IRPF; e coa cuota superior de 78 euros desgrávanse 58,5.

Para as persoas xuríticas, en xeral, desgrávase o 35% sen límite de cantidade. E as doazóns recorrentes á mesma entidade durante máis de 3 anos desgravarán o 40%. Neste caso, o límite para o conxunto das deduccións é do 10% da base liquidábel. E para aceitar unha doazón procedente dunha persoa xurídica, a Xunta Directiva ten que autorizalo previamente para garantir a transparencia e a ética da operación.

Temas: ADEGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta