Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/06/2017 | Actualizada ás 15:20
A Xunta de Galicia aporta un 1.6 millóns de euros para axudar a protexer o oso pardo nas serras do Courel e Os Ancares, con financiamento do programa europeo LIFE. Así o anunciou esta semana a directora-xeral do Patrimonio Natural da Galiza, Ana María Díaz que se reuniu en Lugo cos alcaldes de cinco municipios galegos para informarlles do proxecto que se pon agora en marcha, coordinado coa Fundación Oso Pardo.
O obxectivo xeral é "diminuír os posibeis danos causados polo oso pardo e estudar os seus hábitats e territorios", informa a Xunta de Galicia. Para iso, o proxecto quere mellorar a conectividade e calidade dos espazos onde vive este animal, para que se fixen e reproduzan en zonas que agora só visitan esporadicamente, creando e protexendo asentamentos, ademais de mellorar o coñecemento dos axentes locais sobre a especie.
O traballo vai centrarse na Rede Natura Ancares-Courel, con algunhas accións de educación ambiental nos concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.
As accións comezan xa este mes de xuño, incluíndo a plantación de árbores e arbustos autóctonas, a recuperación de hábitats, a celebración de xornadas formativas para sensibilizar as persoas sobre esta especie e medidas de protección fronte aos ataques de osos nas zonas onde hai colmeias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.