Patrimonio dos Ancares informou a Patrimonio de dúas estruturas circulares, tipo henge, atopadas no Corgo e en Castroverde.
Unións Agrarias (UUAA) presentará, nos rexistros da Xunta, unha solicitude de rectificación da listaxe do 2021 para que poidan optar ás axudas que a nova Política Agraria Común prevé para zonas con alta incidencia de danos na gandaría
  comenta   0
Patrimonio dos Ancares pediu en 2017 a protección deste ben que está nunha casa reitoral de Outeiro de Rei e que, segundo a tradición oral, apareceu nunha mámoa.
Xerou un brillo dunhas 50 veces superior ao da lúa chea e o estrondo sónico escoitouse nas comarcas de Sarria, Os Ancares, Terra de Lemos, Quiroga e do Bierzo.
O uso de materiais autóctonos convérteas en exemplo da sustentabilidade, aínda que a inflamabilidad da palla é o seu punto débil.
  comenta   0
Galicia Confidencial fala cun enxeñeiro forestal que está a vivir en primeira persoa o sufrimento de ver como se queima unha das reservas naturais máis fermosas e illadas de Galicia. "Nunca na miña vida pensei que ía pasar isto", asegura. A veciñanza, desesperada, pide máis medios.
  comenta   3
O problema pode estar nas bases --os piares-- do viaduto que poderían estar danados "polo río e pola salmuera" ou por deficiencias estruturais. Alertan que outros viaductos desta autovía poderían tamén estar en perigo.
  comenta   1
A construción dos aeroxeradores vén acompañada da instalación dunha subestación eléctrica colectora, liñas de media tensión subterráneas e de alta tensión aéreas.
A temperatura era de 28 ºC, a humidade relativa non superaba o 50 % e había refachos de vento de ata 19 km/hora, polo que había "un risco de incendio alto".
A Deputación lucense presenta unha obra que analiza en detalle doce exemplares e formacións senlleiras.
O militar dálle nome a unha das salas do Parlamento despois de que este verán o PP votara a favor e o PSOE se abstivera. IGM pide agora corrixir esta "aldraxe" ás vítimas do Franquismo.
  comenta   0
Ecoloxista en Acción Galiza califica de "anticientífica" a medida aprobada pola Xunta pola cal se libera por completo a caza do xabarín en 200 concellos, sen cota de extracción e sen período de caza.
  comenta   0
A Federación de Anpas de Lugo critica que a Xunta descrimine ao rural e pide que non se peche a aula de infantil do CPI de Cervantes: "como son só catro non teñen dereito a un ensino de calidade".
Case 500 persoas inscríbíronse para participar na primeira edición da Ancares Cycling Marathon, que se celebrará o domingo 8 de agosto coa presenza de Miguel Induráin, Carlos Sastre, Delio Fernández, Iván Rabuñal, Álvaro Pino ou o triatleta Iván Raña.
Realizan tamén traballos de reforestación con especies autóctonas, adecuación de camiños e sinais ou eliminación de especies alóctonas.
A estudante Lucía Rodríguez lanza un proxecto para dar a coñecer a vida neste punto "esquecido" de Galicia: "sempre presumín de ser dos Ancares".
O grupo ecoloxista Ancares di que as obras parecen dunha administración pero que, polo momento, ninguén se fixo responsable do acontecido.
Só sete concellos concentran o 42% da renda galega e seis comarcas teñen como principal ingreso as prestacións sociais.
  comenta   1
Unha tese establece a a súa evolución e os procesos de territorialización na serra oriental galega e o sector meridional lucense.
O Xurés, o Macizo Central, as Fragas do Eume e O Courel están entre estas actuacións. Aposta polas enerxías renovables, a eliminación de especies exóticas invasoras e o fomento do emprego verde. a recuperación de hábitats.
  comenta   0
Unha multinacional italiana proxecta sete aeroxeradores na Serra do Furco, en Becerreá. O expediente atópase en fase inicial de avaliación, pero a asociación Rente ao Couce xa anunciou que tentará paralizalo
Estes galardóns distinguen proxectos innovadores en ámbitos tan diversos como a economía, a cultura, a arte, o patrimonio e medio ambiente, a historia, a sociedade ou a sanidade.
Un grupo de mozas de Navia de Suarna retrucan a proposta e avogan por entender que "Os Ancares está en todos os municipios onde forma parte da identidade dos veciños".
Esta mestra de música e baile decidiu botar a andar un proxecto colectivo de revisión do noso cancioneiro popular dende unha perspectiva de xénero.
  comenta   1
Laura Pardeiro, creadora de 'Leiras e Marcos', recibirá este sábado en Becerreá (Lugo) a distinción do Foucín de Honra. Pensa nesta ferramenta e axiña lle evoca a necesidade de facer limpeza na mirada que proxectamos sobre Os Ancares, pero tamén na importancia de despexar a 'maleza' na propia sociedade para facela máis libre.