A Xunta abre este luns o prazo para inscribirse no voluntariado ambiental en 12 espazos naturais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abre este luns o prazo para inscribirse no programa de voluntariado ambiental interxeneracional en 12 espazos naturais de Galicia. Segundo informou nun comunicado, esta iniciativa gratuíta busca impulsar o respecto e coidado por un dos "grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural".

Este ano (a segunda edición do programa) increméntanse as prazas nun 18% ata alcanzar as 270 "tras o éxito alcanzado na primeira edición". Serán un total de 20 actuacións que levarán a cabo todos os fins de semana desde o 29 de abril ata o 11 de setembro.

A primeira cita será na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel Xeoparque Montañas do Courel. Están programadas tamén accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas; nos parques naturais do Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, e Fragas do Eume; e nas reservas da biosfera Terras do Miño, na do Río Eo, Oscos e Terras do Burón, nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e na Transfronteiriza de Xurés-Gêres, e na reserva Ancares Lucenses e Montes de Navia,Cervantes e Becerreá.

En cada un dos escenarios o traballo dos participantes centrarase na realización de tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou catalogación de fauna e flora. O programa pretende ademais, indican, fomentar a cooperación e o traballo desinteresado desde unha perspectiva intergeneracional. Os interesados en inscribirse nesta segunda edición poden facelo a través do espazo habilitado na páxina web www.voluntariado.gal a partir das 12,00 horas.

Programa de voluntariado ambiental  na praia de Doniños.. ABANCA
Programa de voluntariado ambiental na praia de Doniños.. ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta