Ese día tamén haberá probas para que as novas xeracións se inicien na práctica deportiva nun ambiente familiar e amigable. Ás 12:00 horas terán a súa oportunidade co MiniTrail e a MiniAndaina (8 quilómetros). As inscricións para participar neste evento xa están abertas e poderán realizarse a través da plataforma Sportmaniacs ata o 4 de xuño.
  comenta   0
Ademais do ciclo "Semana Santa ao Vivo", con música e outras actividades de rúa, haberá roteiros e visitas guiadas, Mercado de produtos autóctonos e a posibilidade de visitar tamén os tres museos da vila.
  comenta   0
A asociación ecoloxista Adega lanza unha campaña de recadación para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o polígono eólico 'Restelo', que prevé a instalación de seis aeroxeradores de 200 metros de altura en Navia de Suarna, Baleira, Becerreá e A Fonsagrada.
Este mercado chega á súa XXVIII edición e contará con máis de 30 postos chegados da Reserva da Biosfera de Allariz, de diferentes puntos de Galicia, Castela e León e tamén do veciño Portugal. Contará con actividades paralelas e celebrarase os días 9 e 10 de novembro no Pavillón do Instituto.
  comenta   0
A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi. Comezaron o día 27 de setembro e alongaranse ata o 13 de outubro.
  comenta   0
O pasado ano recuperaronse 8.838 toneladas de aceites industriais usados. Son residuo perigosos pero pode ser aproveitado na súa totalidade e utilizado na fabricación de novos produtos, como bases lubricantes ou fuel BIA.
  comenta   0
A Xunta solicitou este luns ao Goberno central que teña en conta "o bo nivel de execución" en Galicia dos fondos europeos NextGenerationUE destinados á posta en valor das súas sete Reservas da Biosfera e que lle reasignen parte dos fondos que, a día de hoxe, "outras comunidades aínda teñen sen executar".
  comenta   0
A emblemática obra do artista Agustín Ibarrola, falecido o pasado ano, inaugurouse na noite de San Xoán do 1999.
  comenta   0
Trátase do polígono eólico Serra do Furco, no concello lucense de Becerreá. Este parque pertence ao macroproxecto eólico que Enel Green Power España S.L. promove na Serra dos Ancares.
Ecoloxistas en Acción denuncia que a Xunta está realizando unha concentración parcelaria en Rairiz de Veiga que afecta a Rede Natura sen a pertinente declaración de impacto ambiental.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego reitera que é necesario proceder á valoración de impacto de diversos proxectos sectoriais integrados ou que eventualmente poidan integrarse no territorio destas reservas da biosfera
  comenta   0
A Reserva da Biosfera dos Ancares e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá reciben a certificación de 'Destino Turístico Starlight' para desenvolver o turismo de estrelas.
Cristina Cid e María López, alcaldesa de Allariz e concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo veñen de presentar a programación da edición 2024 da "Semana Santa ao Vivo". Actuacións en directo nas rúas, actividades infantís, visitas guiadas e roteiros serán algúns dos atractivos.
  comenta   0
Joaquín Araujo (Madrid) é un naturalista, escritor, guionista, produtor e diretor de documentais sobre a natureza. Colaborador de Félix Rodríguez de la Fuente durante os setenta, recibiu o premio Global 500 da ONU e foi asesor de catro ministros. Participou este pasado 19 de setembro na presentación do libro 'O Devalo do Monte', unha obra fotográfica para denunciar os danos á paisaxe dos montes. Fala con GC sobre os eólicos, a crise ambiental, a polución ou os perigos de especies protexidas como o lobo.
  comenta   0
Advirte que as infraestruturas "afectan directamente" a espazos protexidos en lugares coa consideración Rede Natura como o río Támega e o Macizo Central, así como á segunda maior área prioritaria de avifauna do país.
  comenta   0
Celebrarase o vindeiro sábado día 2 de setembro e contará con máis dunha ducia de postos na contorna da Praza do Matadoiro, exterior da reserva da Biosfera.
  comenta   0