María Amigo Regueiro, educadora ambiental de Adega, cóntanos que levan dende o 2014 realizando labores de limpeza da planta na illa de Sálvora, pois "a partir dun pequeno fragmento pode rebrotar" e "non ten inimigos naturais".
  comenta   0
Sandra e Jose, un matrimonio de cidade que se mudou a unha aldea de San Sadurniño para cumprir o seu soño de vivir no campo, decatáronse da problemática do eucalipto: "Non había nin un animal e nos veráns estabamos sempre en tensión". Levan xa unha hectárea cortada dun total de cinco.
  comenta   0
A pesares de estar incluído no catálogo de especies invasoras, continúa comercializándose. O investigador botánico da UDC Jaime Fagúndez asegura que o seu perigo atópase en que pode desprazar especies autóctonas como algunhas variedades de fieitos que só se dán nesta zona.
  comenta   0
A Sala asegura que non se pode dar por "enteiramente veraz" a declaración ambiental da Xunta debido a unha "fragmentación artificiosa" do proxecto.
  comenta   0
Un grupo de biólogos da UVigo fai un chamado urxente para conseguir unha protección ambiental real da praia da Calzoa presentando un escrito á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, cunhas suxestións para incorporar no PXOM antes de que o Concello proceda á súa aprobación.
O 14 de febreiro hai quen recibe un detalle e hai que non, pero imos descubrir as opcións dos que se animan neste día.
  comenta   0
Con motivo do Día Internacional das Montañas, expoñen que "non hai máis que ver" o ocorrido na Serra do Gontón, en Cabana de Bergantiños ou nos montes de Amil (Pontevedra), "onde parte dos seus cumes foron voadas polo aire con explosivos para a implantación de aeroxeradores e elementos de gran valor ambiental e patrimonial como o Penedo do Castelo ou o monte Acibal víronse arrasados sen posibilidade de restitución".
  comenta   0
No marco do Día Internacional dos Dereitos dos Animais (10D), a Fundación Franz Weber (FFW) reivindicou que o Código galego é un espazo "apropiado" para considerar aos animais como "parte da sociedade".
  comenta   0
Esta iniciativa busca contribuír á formación dos nenos e mozos da Coruña e a súa área metropolitana a través de talleres na aula e visitas experienciais, onde "poderán coñecer os procesos que segue a auga que consomen e a flora e fauna da súa contorna natural local".
  comenta   0
Polo momento instaláronse no malecón 330 metros cadrados de placas de formigón biopotenciador por parte da empresa ECOncrete. Este formigón reduce a contaminación acústica para os peixes e, ao mesmo tempo, e respectuoso coa fauna que se quere adherir a el. Así, a día de hoxe xa se pode observar como os mexillóns, as plantas e as algas, entre outros organismos da ría, se están a formar a súa nova vivenda nestas placas.
  comenta   2
A exposición inclúe 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, árbores, herbiñas do camposanto, herbiñas do campo florido e varias, onde se engloban outras flores, plantas e especies comestibles.
  comenta   0
O Xulgado de Instrución número 3 investiga a talla de sete árbores centenarias, unha actuación que Patrimonio Natural freara en maio, durante as obras do aparcadoiro do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (Centrade).
As prohibicións da súa caza e as políticas de protección dos especímenes fan que hoxe por hoxe o maior inimigo destes animais sexan o atropelo nas estradas.
  comenta   0
Trátase dunha experiencia interactiva para coñecer a flora e a fauna dos fondos mariños deste espazo protexido a través de lentes de realidade virtual, tablets ou unha pantalla xigante.
A Xunta e a Fundación Traslatio promoven visitas a este observatorio, instalado no Porto de Vigo, con talleres e actividades de divulgación que levan a cabo desde o pasado 16 de xuño e estenderanse ata o próximo 30 de setembro.
A segunda edición deste mercado, promovido por dúas produtoras locais, será na Praza do Matadoiro o vindeiro 1 de xullo. Contará con máis dunha ducia de expositores do sector da flor cortada e a cerámica.
  comenta   0
É preciso un grande consenso, aínda inédito en Galicia, sobre os usos do monte e as liñas estratéxicas precisas para os traballos conducentes a un escenario máis alentador. Consenso político, por suposto, pero tamén social e económico. Non podemos seguir así, porque o resultado supón un grande impacto negativo.
  comenta   0
En 2001 a Xunta encargaba ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) un inventario dos humedais do país. A investigación deu como resultado 1.100 espazos a protexer. Ese inventario quedou nun limbo oficial. Hoxe, máis de 20 anos despois, o Goberno galego só recolle 400.
  comenta   0
Entre os obxectivos, ter un catálogo de flora e fauna foráneas e de especies exóticas invasoras e apostar pola substitución de masas de eucalipto por frondosas.
  comenta   0
Esta está incluída na Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
No corte da noticia dada pola TVG no seu Telexornal, o alegato de Sorogoyen quedou reducido á frase “Todo mi apoyo al pueblo de Sabucedo por su defensa de los caballos y de sus montes”
Os humidais de interior son áreas capaces de captar grandes cantidades de CO2 e devolver auga limpa en regatos, ríos ou lagoas. En tempos, as brañas mesmo serviron de pasto para o gando ademais de seren reservas de especies endémicas tanto animais como vexetais. A cuestión é que áreas así no interior de Galicia carecen da protección necesaria de cara a súa pervivencia e tamen para evitar tanto a desecación de áreas produtivas como a perda de espazos que axuden contra o cambio climático.
  comenta   0
O río Ulla ten un percorrido que non está exento da presión humana nas súas beiras. Accións como represas, minaría, verteduras incontroladas ou a falta de elementos suficientes para manter as súas augas limpas, converten a segunda bacía galega nunha corrente que está perdendo a súa vitalidade paseniñamente.
  comenta   0
Sinala que "o preocupante" é a "irresponsabilidade política" de quen permitiu que unha persoa condenada por este tipo de delitos fose protagonista dun evento infantil e familiar
  comenta   0
A Asociación Galega de Apicultura-AGA deu os seus premios anuais tras analizar 65 mostras, das que 14 eran mel multifloral e 51 monofloral
  comenta   0
Contará con medidas de preservación do patrimonio natural como os bancos de sementes ou a produción de especies autóctonas en viviero.