Volve a neve a Lugo por riba dos 700 metros este sábado

As temperaturas seguen baixo cero en zonas de montaña de Ourense e Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2023 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

As temperaturas moderáronse na madrugada deste venres, aínda que seguen baixo cero na montaña de Ourense e en Pedrafita do Cebreiro, en que non se rexistraron esta xornada problemas de circulación ao contrario que á primeira hora do xoves.

Así, na estación de Xares A Veiga rexistráronse 4,5 graos baixo cero e na estación de Manzaneda -4,3 graos, fronte á mínima máis baixa deste xoves, que descendeu ata os -5,5. Por baixo de cero tamén se rexistraron temperaturas en Carballeda de Valdeorras (-4,1), na estación de Corzos da Veiga (-3,5) e na estación de Ancares, no municipio lucense de Cervantes.

En canto a altitudes por baixo dos 900 metros, a estación de Verín-Vilela obtivo o valor máis baixo, cunha mínima de -4 graos. Larouco, Riós, Rubiá e Calvos de Randín rexistraron, así mesmo, temperaturas negativas entre 0 e -0,9 graos.

Segundo a predición de Meteogalicia, este sábado baixará a cota de neve aos 700 metros nas zonas de Lugo. As temperaturas mínimas nas principais capitais oscilarán entre 1 grao de Ourense e Lugo e os 6 da Coruña, pasando por 3 graos en Vigo, 2 graos en Santiago e Pontevedra e 4 de mínima en Ferrol.

Un gato camiña pola neve, a 26 de xaneiro de 2023, en Pedrafita do Cebreiro
Un gato camiña pola neve, a 26 de xaneiro de 2023, en Pedrafita do Cebreiro | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta