MADRID | 07/06/2017 | Actualizada ás 18:23 por EUROPA PRESS
A presidenta da Comunidade e do PP de Madrid, Cristina Cifuentes, afirmou este mércores que o "terror islamita non vencerá aínda que leve a heroes como Ignacio Echeverría", o galego veciño de Las Rozas que faleceu no atentado de Londres da semana pasada.
"O terror islamita non vencerá aínda que leve a heroes como Ignacio Echeverría, asasinado en Londres mentres defendía a unha muller", indicou Cifuentes na súa conta na rede social Twitter, unha vez que se coñeceu a través da súa familia que era unha das persoas que morreu durante o atentado.
"Ignacio non sobreviviu ao momento do atentado. Grazas a todos os que lle quixestes e coidastes. Sabemos que non somos os únicos tristes", publicou a súa irmá en Facebook.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.