A Xunta recupera os 'Premios Agader' para recoñecer as mellores iniciativas de desenvolvemento rural

Aproba a convocatoria de axudas para proxectos de investigación en cooperación para o desenvolvemento, con 150.000 euros entre 2017 e 2018

Santiago de Compostela | 08/06/2017 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde á convocatoria do VIII edición dos 'Premios Agader' a iniciativas de desenvolvemento rural, promovida pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Desta forma, recupéranse estes galardóns que premian aquelas actuacións que impulsen o tecido socioeconómico do campo e que fomenten a xeración dunha sociedade rural máis viva.

Haberá cinco distincións e un galardón especial para os mozos que opten polo campo para establecer o seu medio de vida. Os galardóns están dotados cun total de 80.000 euros para as diferentes categorías.

Por outra banda, Medio Rural mobilizará case 300 hectáreas abandonadas na comarca de Lemos para polas a disposición das explotacións da zona.

O Consello da Xunta deu este xoves o seu visto e prace a un informe sobre o convenio de colaboración entre a Consellería e a Fundación Juana de Veiga para finalizar o proxecto 'Mobilización de terras no Val de Lemos'. O convenio ten un orzamento de algo máis de 62.000 euros e terá unha vixencia ata o 31 de decembro de 2018.

CENTROS DE SAÚDE

O Executivo autonómico tamén autorizou a aceptación dos centros de saúde de Folgoso do Courel, Meira e Xove, na provincia de Lugo, e do centro de saúde da Peroxa, en Ourense. Pertencen ao grupo dos 18 dos que o Sergas asume os gastos no ámbito do Pacto Local.

Así mesmo, a Xunta autorizou transferir a favor do concello de Salvaterra de Miño a estrada PO-409, entre este municipio e A Rañada.

O Goberno galego tamén destinará máis de 100.000 euros ao acondicionamento das Rúas da Pena, da Cruz, do Perigo e da Travesía do Buratiño no concello de Maceda.

COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou a convocatoria de axudas para proxectos de investigación en cooperación para o desenvolvemento.

As axudas están destinadas a proxectos de investigación e á creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento das universidades galegas. Contan cun orzamento de 150.000 euros entre 2017 e 2018.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta