Temas: BNG COMERCIO

Os quiosqueiros acusan aos editores de prensa de “mirar para outro lado” mentres os “matan”

O sector volve saír á rúa para denunciar o "abuso do monopolio da distribución de prensa nacional e revistas". Anuncian que se presentará, coa colaboración do BNG, un proxecto non de Lei para a regularización deste sector.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/06/2017 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A plataforma 'Rebelión Kioskos' volveu saír á rúa esta semana para denunciar o "abuso do monopolio da distribución de prensa nacional e revistas". Nunha concentración convocada en Vigo, os quiosqueiros criticaron que "están matando o sector, mentres os editores de prensa miran para outro lado".

Protesta en Vigo dos quiosqueiros
Protesta en Vigo dos quiosqueiros | Fonte: Ernesto IIkerman.

Os vendedores de xornais e revistas en papel veñen advertindo hai xa tempo que esta situación "leva á quebra e ao posterior peche dos nosos negocios".

Desta vez, os quiosqueiros galegos foron apoiados polo BNG, xa que "grazas á iniciativa de Serafín Otero, Manuel Caride, Xabier Peréz Igrexas, presentarase no Parlamento de Galicia a través de Luís Bará, un proxecto non de Lei para a regularización deste sector", anuncian.

"Porque queremos ser os donos do noso negocio, porque é imprescindible unha regularización xusta deste sector, porque tamén temos familia e tamén estamos en risco, porque dependemos do noso negocio para sobrevivir, porque somos os esquecidos, porque non somos Sanidade, Educación, porque só dependemos de nós", expresan os quiosqueiros galegos.

Temas: BNG COMERCIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta