O xefe de Infraestructuras en Pontevedra, na corda frouxa

Louzán deféndeo, pero Feijóo marca distancias con Evaristo Juncal. Fíxoo nunha rolda de prensa na que o presidente puxo en evidencia que o PP está a utilizar a Xunta para atacar ao PSOE.

Por Walter Burns | | 03/06/2010 | Actualizada ás 23:58

Comparte esta noticia

None

“A proba caligráfica vaina facer a Xunta ou o PP?”. O presidente da Xunta tragou saliva cando unha xornalista lle lanzou esta cuestión ao final da rolda de prensa do Consello de cada xoves.

“Non o sei”, tivo que contestar, evidencia que o PPdeG está a utilizar os datos da Xunta para tentar crear un escándalo mediático en torno á presunta financiamento ilegal do PSOE con subvencións do bipartito. Para os socialistas é unha “cortina de fume” que van desmontar nos xulgados, pois hoxe Pablo García, o seu número 2, presentou unha querela contra Rodríguez Miranda, número 3 do PP, por identificalo como líder da presunta trama de “financiamento ilegal”.

Foi unha comparecencia dura para o presidente. Acostumado a presumir de austeridade e atacar o Goberno central, Feijóo desta volta tivo que pasar media hora aclarando dous casos de presunta corrupción no seu partido, o de Gondomar e o de Evaristo Juncal.

O caso de Juncal, desvelado por El País, é o que máis se pode complicar a curto prazo. De feito, Feijóo marcou este xoves distancias e en ningún momento defendeu a inocencia do xefe da Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas na provincia de Pontevedra.

E é que na sede central do PPdeG témese moito este asunto, pois Juncal xa recoñeceu que vendeu até tres empresas a presuntos testaferros de narcotraficantes.

Por iso Feijóo limitouse hoxe a dicir que agardará o informe que Juncal ten que presentar ao seu superior, o conselleiro Agustín Fernández. Tamén resaltou que Juncal, cabeza do PP en Caldas, non é un “alto cargo”, senón un funcionario máis. Iso malia que o xefe territorial é un cargo de libre de designación e aparece a miúdo en actos políticos, canda o superdelegado Cores Tourís.

O informe de Juncal probará na actualidade só é dono dunhas adegas, polo que en teoría non cae en ningunha incompatibilidade. Outra cousa é a actividade da súa familia máis próxima, moi relacionada co mundo da construción e con moi bos amigos entre os alcaldes conservadores da comarca do Barbanza.

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 suma e sigue

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

1 Boikoz

Aínda terás pensado que vou abrir o enlace con ese panfleto!

5 faneca brava

a relasion co mundo empresarial das drojas xa ven de antes ou non vos acordades a quen lle concedeu o PP a sua insignia de ouro e brillantes en tempos de D.Manue,mais ajora con estes tratos xa cheira mais a mafia siciliana con poder nos jovernantes.

1 Winston, Caaaamel, coca

Logo Terito non era compromisario do PP? E Vioque, non era o home de Fraga en Arousa? pois iso.

4 corleone

Se algunha vez de putas ves a un veciño sabes que tés as espaldas cubertas. Porque el nunca vai contar que te viu. A política é coma unha casa de putas. Ninguén nunca vai contar que te viu roubando porque alguén dirá ,.. "e tí que facías que tamén estabas alí..". Por iso Feijoo advirte moi clariño, coidadiño con tirar da manta, que nós tamén podemos tirar por outro lado. E dito e feito, porque é un home de palabra. E non lle sei máis, porque eu nunca fun de putas.

1 Melone

"eu nunca fun de putas": excusatio non petita...

2 corleone

A "explanatio non pedita..." foi a de Feijoo con aquilo de : "nunca no PP ninguén solicitou nada a cambio de nada...etc". Por suposto que eu nunca fun de putas, insisto, inda que soe a "excusatio" e tamén digo algo máis, e se tivese ido, tampouco vería alí ó meu amigo Melone... Bueno marcho que teño unha despedida de solteiro agora ...

3 Corruptela

¿Quere dicir isto que son todos culpables de encubrimento de delicto? ¿Son todos cómplices? Levantamento popular xa! A revolución galega va a chegaaaarrr...

3 y tú más....

Se o PP ten datos de corrupción do PSOE ou do BNG o que ten que facer é denunciar nos xulgados. Porque se o único que fai é denunciar á prensa sen denuncias nos xulgados cando algún pufo do PP sae á luz da a impresión de que quere botar cortinas de fume sobre os casos en investigación. Que non vos pareza mal, non é nada persoal , son negocios... O PP é unha asociación de malincuentes, o negocio é fácil de entender, trátase de gañar diñeiro. Para levarse ben, aplica na súa xestión interna a lei do silencio. Eu non falo dos teus pufos e tí non falas dos meus pufos. Ninguén tira da manta e punto. De vez en cando se hai un arrepentido pois todos contra el e punto. Baltar? unha persoa maravillosa. Louzán?, tamén. E punto. As mafias funcionan así.

2 Nacho Cid

¿"Non o sei", significa que o PP usa a Xunta? . Creo que significa "non o sei" e punto.

1 Alfonso VI

O que fixo TOÑITO MIRANDA O TRINCÓN DE DIETAS sí é usar a Xunta. E punto

2 Luís

parece que Feijoo, máis que presidente da Xunta é un individuo que pasaba por alí. É o presidente da Xunta e do PP pero non sabe cal dos dous está a denunciar o caso do suposto financiamento ilegal.