O xefe de Infraestructuras en Pontevedra, na corda frouxa

Louzán deféndeo, pero Feijóo marca distancias con Evaristo Juncal. Fíxoo nunha rolda de prensa na que o presidente puxo en evidencia que o PP está a utilizar a Xunta para atacar ao PSOE.

Por Walter Burns | | 03/06/2010 | Actualizada ás 23:58

Comparte esta noticia

None

“A proba caligráfica vaina facer a Xunta ou o PP?”. O presidente da Xunta tragou saliva cando unha xornalista lle lanzou esta cuestión ao final da rolda de prensa do Consello de cada xoves.

“Non o sei”, tivo que contestar, evidencia que o PPdeG está a utilizar os datos da Xunta para tentar crear un escándalo mediático en torno á presunta financiamento ilegal do PSOE con subvencións do bipartito. Para os socialistas é unha “cortina de fume” que van desmontar nos xulgados, pois hoxe Pablo García, o seu número 2, presentou unha querela contra Rodríguez Miranda, número 3 do PP, por identificalo como líder da presunta trama de “financiamento ilegal”.

Foi unha comparecencia dura para o presidente. Acostumado a presumir de austeridade e atacar o Goberno central, Feijóo desta volta tivo que pasar media hora aclarando dous casos de presunta corrupción no seu partido, o de Gondomar e o de Evaristo Juncal.

O caso de Juncal, desvelado por El País, é o que máis se pode complicar a curto prazo. De feito, Feijóo marcou este xoves distancias e en ningún momento defendeu a inocencia do xefe da Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas na provincia de Pontevedra.

E é que na sede central do PPdeG témese moito este asunto, pois Juncal xa recoñeceu que vendeu até tres empresas a presuntos testaferros de narcotraficantes.

Por iso Feijóo limitouse hoxe a dicir que agardará o informe que Juncal ten que presentar ao seu superior, o conselleiro Agustín Fernández. Tamén resaltou que Juncal, cabeza do PP en Caldas, non é un “alto cargo”, senón un funcionario máis. Iso malia que o xefe territorial é un cargo de libre de designación e aparece a miúdo en actos políticos, canda o superdelegado Cores Tourís.

O informe de Juncal probará na actualidade só é dono dunhas adegas, polo que en teoría non cae en ningunha incompatibilidade. Outra cousa é a actividade da súa familia máis próxima, moi relacionada co mundo da construción e con moi bos amigos entre os alcaldes conservadores da comarca do Barbanza.

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

1 Chourizos

Evaristo Juncal Carreira, jefe territorial de la Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra y presidente local del PP de Caldas de Reis, ha tenido desde mediados de los noventa una agitada, aunque silenciosa, vida empresarial. Este ingeniero técnico de obras públicas, funcionario de la Xunta desde 1983, ha sido socio al menos de una decena de compañías para explotar gasolineras, minicentrales, piscifactorías, viñedos y negocios inmobiliarios. honradez e pp son incompatibles, chove sobre mollado

1 camarón

e negocios con narcotraficantes condenados no caso necora, esas son algunhas das relacións de Juncal

2 todo pola PPa$ta

Home xa sabiamos que ao Partido Podre non tiña problemas de conciencia ao financiarse con diñeiro negro, mais isto xa é noxento. Pero como a xustiza e a iglesia está da súa man con tres pai nosos e un par de ave marías asunto amañado e a delinquir e a confundir á sociedade