Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/06/2010 | Actualizada ás 12:56
Deste xeito, esta compañía sae ao paso da información publicada por GC e aclara que a oferta “é privada” e “non está relacionada con ningunha institución pública”, senón que provén das empresas Elivo e Climadaptación.
Neste sentido, destaca que puxeron o anuncio en infojobs buscando mulleres porque xa tiñan “cubertos” os postos para homes. Sobre a selección de mozas “extrovertidas, con boa presencia para presentar o producto vestidas con bikini y pareo” explican que se debe ao tipo de bebida que se presentará, “un blanco de verano”.
“Imagen fresca”
“FREXCO es una bebida refrescante con cuatro grados destinada a su consumo en verano asociada a terrazas de bares, chiringuitos de playa y para acompañar aperitivos en días calurosos. Por este motivo se asocia el producto con una imagen fresca, que incluye chicas y chicos frescos y extrovertidos”, sinala Elivo nun comunicado remitido a GC.
Tamén salienta que a relación coa empresa Climadaptación débese a que o 10% das vendas de 'Frexco' destinaranse á plantación de árbores para a captura de CO2. “Por este motivo, Climadaptación aporta una persona al stand de FREXCO en la Semana Verde de Galicia”, conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.