SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2017 | Actualizada ás 19:18 por EUROPA PRESS
Podemos Galicia organizou este sábado unhas xornadas formativas internas para definir a "folla de ruta" do partido no futuro, na que as eleccións municipais de 2019 e a moción de censura a Mariano Rajoy ocupan un espazo central.
Así o expresou a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quen manifestou que o debate da moción de censura ao goberno popular --que se debaterá o vindeiro martes-- marcará "un antes e un despois" na organización morada.
Tras isto, puxo como "primeiro reto" do partido nun futuro as eleccións municipais previstas para o ano 2019, nas que, segundo Santos, Podemos debe saber "aproveitar" a experiencia de "compañeiras concelleiras" e persoas "con responsabilidade de goberno" na actualidade de face a prepararse para os comicios.
Deste xeito, remarcou a necesidade de sacar proveito ao traballo nas institucións, tanto locais como a nivel autonómico, para "poder levar a cabo acciones coordinadas" entre ambas.
MOCIÓN DE CENSURA
En canto á moción de censura contra Rajoy promovida polo grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, a viceportavoz de En Marea na Cámara galega incidiu na necesidade de articular "unha alternativa" ao PP: "O primeiro partido imputado da historia da democracia".
A continuación, subliñou que "é inadmisible" que os populares sigan á fronte do Goberno español. "Non podiamos quedarnos sen facer nada", apostilou, para logo facer un chamamento a continuar "profundando nas políticas" pensadas para "a xente do común".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.