Temas: A CORUñA

Acción simbólica na Coruña para recuperar o areal do Parrote

A Plataforma Defensa do Común quere propagar a idea de que "enriba dos adoquíns reconstruiremos a praia".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/06/2017 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O Paseo do Parrote será o vindeiro sábado o esceario dun simbólico acto para “reucperar o areal” e defender o cinturón do litoral coruñés. Nesta acción, as persoas concentraras tirarán unha presa de area entre a porta de Santo André (Arquivo de Galicia) e o lateral esquerdo onde están situados os canóns (Muralla, Porta do Cravo/estanque). 

Hotel Finisterre e terreo deportivo no Porto da Coruña
Hotel Finisterre e terreo deportivo no Porto da Coruña | Fonte: Easyviajar

A experiencia, obra do artista Pepe Galán, está promovida pola Comisión Aberta en Defensa do Común, e inscrebese dentro do capítulo de actividades estructurado por esta plataforma para alertar sobre o perigo de que se consumen as veleidades privatizadoras da Autoridade Portuaria. O arquitecto, Xosé Lois Martínez, será o encargado de “advertir aos asistentes de que A Coruña está apuntando deica unha ameaza real que pode facer inhabitábel unha parte nada desdeñábel da fachada marítima”, segundo indican os organizadores.

A Comisión Aberta en Defensa do Común lembra que a desaparición da praia do Parrote coincide no tempo coa victoria franquista. Así, en 1942, un grupo de persoeiros coruñeses entusiastas do Glorioso Alzamento Nacional promoven a ocupación de 2.500 metros cadrados de espazo público, erguendo A Solaina. Posteriormente, en 1948, constrúen o hotel Finisterre sobre o predio que ata 1928 ocupaba a vella cárcere e, finalmente, en 1970, inaugurase a ampliación da Solaina a través dun novo recheo. 

“Nesa atmósfera que lembra a historia dun areal prácticamente virxe, a Comisión Aberta en Defensa do Común dirixe toda a súa vehemencia para que esos espazos comunais sexan devoltos gratuitamente ao Concello para uso público”, suliña. Pretende, con esta acción simbólica, propagar a idea de que "enriba dos adoquíns reconstruiremos a praia" dándolle a volta a aquela célebre consigna do Maio do 68 parisino; "debaixo das pedras, estaba a praia".

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta