Máis de 2,4 millóns de telespectadores seguiron o Masterchef que se trasladou a Santiago de Compostela

O programa Masterchef, que na súa edición deste domingo dedicou o bloque central a Santiago de Compostela, alcanzou unha audiencia de 2,4 millóns de telespectadores, o que supón unha cota de pantalla do 17,2 por cento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2017 | Actualizada ás 16:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O programa Masterchef, que na súa edición deste domingo dedicou o bloque central a Santiago de Compostela, alcanzou unha audiencia de 2,4 millóns de telespectadores, o que supón unha cota de pantalla do 17,2 por cento.

Masterchef en Santiago de Compostela
Masterchef en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Segundo as cifras de audiencia recollidas por PR Noticias, os pratos galegos cociñados polos aspirantes de Masterchef desde Santiago de Compostela foron o espazo máis visto da xornada do domingo.

O minuto de ouro deste espazo produciuse ás 23,53 horas, cando se alcanzou un 'share' do 26,8% e 2.944.000 telespectadores. Neses momentos na pantalla dábase inicio á deliberación dos comensais que probaron as receitas dos concursantes no Hostal dos Reis Católicos.

MENÚ GALEGO

Os concursantes de Masterchef viaxaron a Santiago na proba de exteriores para preparar un menú galego, con axuda do chef Pepe Solla (unha estrela Michelin) e Paloma (finalista de MasterChef Junior).

Aos pés da Catedral compostelá, os concursantes elaboraron polbo á feira, caldo galego, lacón con grelos e tarta de Santiago e dous deles tiveron que desprazarse desde a Praza do Obradoiro ata a Praza de Abastos para facerse cos últimos produtos que faltaban para rematar as súas receitas.

Os pratos elaborados polo sete concursantes que aínda permanecen en Masterchef foron degustados polos asistentes a unha comida ofrecida no Hostal dos Reis Católicos, que contou coa participación de peregrinos e personalidades como o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta