Temas: COMERCIO VIGO

En Galicia, carteis do Decathlon bilingües… usando castelán e inglés

Polo contrario, en Cataluña a cadea francesa emprega a miúdo o catalán -ás veces en exclusiva.

Por M.V. | Vigo | 20/06/2017 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

“Hombre / Man”. Este é un exemplo do biligüismo castelán-inglés que se atopan os clientes do establecemento de Decathlon en Vigo. Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, deixou constancia disto nun post en Instagram a pasada semana.

Cartel bilingüe no Decathlon de Vigo
Cartel bilingüe no Decathlon de Vigo | Fonte: Francisco Castro

A cadea francesa non segue a mesma política en todas as autonomías. Así, en Cataluña houbo queixas de clientes porque Décathlon rotula exclusivamente en catalán, o que suscita as iras dos colectivos pro-castelán. 

A que se debe este cambio de criterio que discrimina ao galego? “Porque saben que ao consumidor galego tanto lle ten que o galego non exista. Non van deixar de vender por iso”, reflexiona no seu post o escritor Francisco Castro.

No país, os comercios privados non teñen obriga de rotular en bilingüe ou escoller entre as linguas oficiais. Agora ben, é insólito que postos a escoller, Decathlon optase polo inglés antes de que polo galego, a lingua máis falada no país.

Temas: COMERCIO VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 xDD

Estar está en galego, outra cousa é que poucas veces hai algo para as "Mans" neses sitios xD

1 Antinostrus

Como o Zara Home (aquí o medioneurona do Nostrus dobra o espiñazo diante de D. Amancito)...tamén en galego....é que non queremos enteirar-nos.......

1 tamén na praia.

Peor nas praias. Os anuncios por alto falante son únicamente no idioma de Valladolid. Eu son de Porriño, quero que me falen no meu idioma.

1 nostrus

Pois o castelan é mais de Vigo que o galego. Os anuncios son para informar as personas e deben facelo do mellor modo posible. Logo chegarán tamen os catolicos que pediran que se use tamen o cristian.