Temas: MONFORTE

A oposición de Monforte de Lemos presenta unha moción de reprobación do alcalde socialista

Denuncian a súa "actitude prepotente" e que non cumpra os acordos plenarios. O único edil que queda do BNG, Emilio Sánchez, apoia ao rexedor José Tomé.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O Partido Popular, Espera Monforte e o catro edís que deixaron a pasada semana o BNG rexistraron unha moción de reprobación do alcalde, o socialista José Tomé, para o seu debate no próximo pleno que se celebrará o luns 26 de xuño, ás 20,30 horas.

O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación das festas do concello
O alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación das festas do concello

Con esta moción, á que tivo acceso Europa Press, os grupos municipais e os edís asinantes buscan "expresar de forma pública" o seu desacordo coa "conduta" do alcalde, coas súas decisións e actuacións.

E é que os dez concelleiros que secundan o escrito, todos excepto os do PSOE e o que queda no BNG, Emilio Sánchez, poñen ata nove casos como exemplo da actitude "prepotente" do rexedor socialista.

Así, entre outras cuestións, acusan o alcalde de "mostrar un comportamento ditatorial e prepotente" coas portavoces dos grupos da oposición que, segundo sinala a moción, "maniféstase na actitude persoal pero tamén no anuncio sen pudor de que non dará cumprimento aos acordos plenarios".

Decisións

Tamén aseguran que o goberno socialista trasladou á corporación para a súa aprobación unha proposta de acordo coa concesionaria Aqualia "que prexudicaba os intereses do Concello, ao recoñecer como investimentos 700.000 euros de obras que estaban no marco das obrigacións da empresa".

Ademais, critican que o rexedor "ignore sistematicamente os acordos plenarios" nos que a corporación instaba o alcalde a "cuantificar os prexuízos derivados dos incumprimentos da concesionaria Aqualia" e a "formular a reclamación dos mesmos".

Esta moción conta co apoio de 10 dos 17 edís da corporación municipal polo que posiblemente sairá adiante. O único concelleiro que non asinou o escrito é o do BNG Emilio Sánchez, cousa que si fixeron os seus catro excompañeros, que polo momento non decidiron se continuarán ou non coas súas actas tras abandonar o grupo municipal nacionalista.

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 eu tamén

Non eres unha calquera dentro do BNG!,menuda soberbia Agromando-esperta!, quen eres logo, Ana Pontón?.

3 comunista independentista

La culpa te es de las Mareas.

1 HEHEHEHEHHEHEHE

chovititooooo

2 pilarpepacadarso

agora xa se vé, severino e do Pepé!!

1 Xonc

Non sei quen tén a razón pero... que se unan xente de Podemos, PP e tránsfugas (ou como queirades chamarlle) ex-BNG para convocar manis en contra do PSOE e agora moción... Dá que pensar. Se Podemos e a Marea de Monforte queren que goberne o PP que o digan xa. O que non tén sentido é que bombardeen ao PSOE se non van presentar alternativa. E o Bloque aquí actuou ben ao meu ver. Mellor que goberne o PSOE condicionado ao BNG ca que goberne o PP coma fixo Podemos-En Marea en Madrid. O ideal ? Que BNG e Marea sumasen suficiente para gobernar. Se non suman, hai que apoiar ao menos malo. Así de claro. Non facelo, supón PP para rato. Non o digo eu, podémolo ver na Moncloa

1 Pasabaporaqui

Si ho si... eu con iso do menos malo ata estou a favor de apoiar as mareas de podemos... esa debe de ser a diferenza entre eles, as ex-bloqueiras e eu. A ver que sae de aqui. Parabens ao bloque pola coherencia.

2 Eu tamén

Esperta Monforte non pertence a En Marea. É única e exclusivamente un partido local, municipalista. Os exbloqueiros tampouco pertencen neste intre a En Marea. Non se sabe o q pretenden e q fan apoiando ao PP.Uns e outros.

3 Agromando esperta

Xa, xa... Só están "proximos" e coinciden... http://www.lavozdegalicia.es/notici... http://www.lavozdegalicia.es/notici... Típico comportamento ninista: ni contigo/ni sin ti. Intuímos o que poden pretender: desgastar ao goberno municipal e ao bloque. Parabéns de novo ao concelleiro desta forza e aos votantes pediríalles que pensases... Pero, vaites, pensar-Galicia-progresismo... Buff, algo non cadra. Gozade do votado.

4 Agromando esperta

Por certo, ben sei que moitos pensades que a maioría dos galegos de esquerda somos parvos (razóns non vos faltan) e nos encandilamos por idoliños de barro... Pero, quedamos algúns mohicanos aínda.

5 Parada do Sil

Parvoicies as xustas! Xonc, apoiar un pacto PSOE-Ciudadanos non é consentir que goberne a dereita pura e dura? Onde estabas ti cando a praga dos Severino, Pepa, Cadarso e Pilar "gobernan" en nome do BNG? Tomé é de esquerdas, de fiar, igual que Caballero ou Paco Vázquez? Igual ou mellor que os fachosos do Partido Podre de Monforte? O PSOE non é corrupto? Non lle ofreceu Pedro Sánchez unha coalición a Raxoi? Foron os de Podemos ou o aparato e medios do PSOE os que non querían a Pedro Sánchez? Kollona, por que mudas até dúas veces o nome por comentario? Coñeces Monforte, non apoiaron dous años a Tomé, foi leal este na oposición? E, lembra, seguro que ti non tes nin a décima parte de razóns contra a praga..., pero o BNG tapou as ratas e deixou facer, agora despertades? Tarde demais! Para acabar vendéndose ao PSOE: Monforte certifica outra vez os feitos! O BNG é unha sucursal do PSOE!

6 Agromando esperta

Mira eu con talibáncños seitarios o trato mínimo. Pediría, inutilmente, aos coordinadores deste foro que procurasen que non se insultase aos participantes e menos con insultos machistas. O tema xa é moi preocupante polo marcado carácter machista que revela o nome que este señor utiliza para referirse a alguén que debe de odiar moito por non ter argumentos para rebatela. Polo demais, estou moi segura que os monfortinos poñerán a todos no seu lugar. Non hai dúbida que é moito mellor, segundo ti, ser aliados do PP que do PSOE... Ben, que o teñan en conta os eleitores. Dende logo, o odio ao bloque valévos para todo: tanto os acusades de beneficiar ao PP coma ao PSOE... Patético. E por favor, tomade medidas con respecto aos insultos claramente machistas implícitos en termos coma Kollona... Non se pode estar a predicar sen dar trigo.

7 Failde

Kollontai, resultou que eras ti, que é un insulto? Talibán ou parviño é máis suave que Kollona? Estás libre de culpa para tirar a primeira pedra? Non me gusta o estilo de moitos comentaristas, logo pido censura... E comenzo por ti, que usas diferentes nicks para esconder que es a mesma persoa que de xeito obsesivo atacas e insultas aos representantes e votantes das Mareas e encobres ao BNG. Es un exemplo de servilismo, pedantería e patetismo ilustrado. E aínda por riba pide o amparo, se cadra é por non ter argumentos ante as preguntas que che formula Parada de Sil. Se non podo contestar, mándote silenciar! Hai autoritarismo igual de noxento que o machismo!

8 Agromando-esperta

Falou a voz da verdade. Estame insultando de forma machista. Os adxectivos que eu emprego son cualicativos que podo argumentar. Ti coma el non aportas argumento algun so descualificacions e xuizos de valor no teu esforzo obsesivo comigo. Keep calm

9 Agromando-esperta

Confundir critica politica con insultos retratate. Eu non insulto a ninguen porque so dou opinions. El si o fai e de forma machista con ese alcume que usa con todos os que non comparten as suas teimas antibloque. E obvio .por certo se tan insufrible e pedante che resulto non me leas ou e que buscas distraer a atemcion con polemicas baratas...

10 Agromando-esperta

E eu non escondo nada. Os meus nicks son unha forma de opinar que a ti che pode parecer o que queiras... non me importa moito.

11 Agromando- esperta

Rematando, son do BNG, non so unha afiliada e militante cualquer, estou en nómina da organización frontista... Vivo do BNG. Entendes agora a miña dedicación? Non escondo nada, son así, e non pretendo gustarche. Xa son maior demais para andar namorando adolescentes ninistas. Chao.