Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2017 | Actualizada ás 10:00
O 74% da poboación mundial estará exposta no ano 2100 a ondas de calor mortais. Esta é a advertencia e principal conclusión dunha investigación feita da Universidade de Hawai (Estados Unidos), cuxos resultados se publican en Nature Climate Change. O peor dos escenarios contemplados polos científicos é apocalíptico, xa que a finais do século XXI case toda África, Oceanía, sur de Asia, toda América Central e boa parte do sur, a metade este de Estados Unidos e toda a contorna mediterránea terán longos períodos de calor extrema que causarán miles de mortes. A zona tropical será a máis afectada.
Na Península Ibérica, o peor dos escenarios contémplase para a costa mediterránea e toda Andalucía, onde aínda que non é tan alarmante como o do trópico, os modelos realizados predín temperaturas e niveis de humidade que traspasarán nos meses de verán o límite no que estas condicións se volven mortais. O resto, incluída Galicia, quedarían libres desas ondas de calor habituais con consecuencias letais.
Con todo, Galicia si ten unha presenza destacada neste traballo, no que se examinaron máis de 900 artigos relacionados con episodios de calor que se produciron en distintas rexións do mundo desde 1950, contabilizando 783 ondas de calor mortais en 164 cidades de 36 países.
Coa a documentación científica publicada no mundo, incluídos dous casos de estudo en Galicia, os investigadores da Universidade de Hawai puideron descubrir o limiar no que a temperatura e a humidade elevada se volven letais para os seres humanos.
A partir de aí, cos datos crearon unha aplicación web que é un mapa no que se visualizan os datos pasados e as predicións para o que resta de século XXI co número de días ao ano nos que se producirán estes períodos de calor extrema en calquera lugar do mundo.
Entre os puntos en cor azul sobre o mapa que marcan eventos históricos de calor que foron investigados academicamente e documentados, e que contribuíron aos resultados analíticos deste traballo, atópanse dous casos documentados en Galicia, en concreto, un en Vigo e outro un estudo xeral sobre os efectos de dúas ondas de calor históricas no noso país.
Velaquí as fichas deses episodios de extrema calor documentados polos científicos e localizados no mapa elaborado na Universidade de Hawai.
City | Vigo |
State | |
Country | Spain |
Entered | Camilo Mora |
Verified | Camilo Mora |
StartYear | 1990 |
EndYear | 1996 |
Metric | Percent increase mortality for each 1oc increase after threshold |
Mortality | 1.93 |
Reference | Iniguez, Carmen, Ferran Ballester, Juan Ferrandiz, Santiago Perez-Hoyos, Marc Saez, and Antonio Lopez. “Relation between Temperature and Mortality in Thirteen Spanish Cities.” International Journal of Environmental Research and Public Health 7, no. 8 (August 2010): 3196–3210. doi:10.3390/ijerph7083196. |
Affected | Temp/Mortality relationship |
Condition | |
Notes |
Neste estudo, publicado en 2010, examinouse a asociación entre temperatura e mortalidade en 13 cidades do Estado que representan unha ampla gama de condicións climáticas e sociodemográficas: Barcelona, Bilbao, Cartaxena, Castellón, Xixon, Huelva, Madrid, Oviedo, Sevilla, Valencia, Vigo, Vitoria e Zaragoza A maioría das cidades mostraron unha relación temperatura-mortalidade en forma de V.
City | - |
State | Galicia |
Country | Spain |
Entered | Chelsea Dau |
Verified | Rollan, B. Dousset |
StartYear | 1990 |
EndYear | 1990 |
Metric | excess mortality for people > 65 yrs |
Mortality | - |
Reference | DeCastro, M., et al. "Effects of heat waves on human mortality, Galicia, Spain." Climate Research 48.2-3 (2011): 333-341. |
Affected | |
Condition | |
Notes |
Este estudo, publicado en 2011, indicou que en Galicia foron indentificadas dúas grandes ondas de calor durante o período 1987-2006. A primeira produciuse en xullo de 1990 e a segunda, en agosto de 2003. A onda de calor de 2003 foi lixeiramente máis intensa que a de 1990. Con todo, a mortalidade resultante foi moito maior en 1990, especialmente entre a poboación maior de 65 anos, posiblemente debido a melloras no benestar que ocorreron no período intermedio. Para ambas as ondas de calor, os efectos foron máis severos nas mulleres que nos homes.
"SEN OPCIÓNS PARA O FUTURO"
Os resultados da investigación mostran que cada vez existen máis rexións do planeta nas que durante 20 ou máis días do ano se producen ondas de calor mortais que afectan aproximadamente ao 30% da poboación mundial. Os expertos sinalan que diminuír drasticamente as emisións de gases de efecto invernadoiro non previría os episodios de calor, só reduciría a súa frecuencia, diminuíndo nun 26% o número de persoas afectadas para 2100, explica á Agencia Sinc o autor principal do estudo, o profesor Camilo Mora, quen alerta: "Estamos a quedarnos sen opcións para o futuro".
"Moitas persoas ao redor do mundo xa están a sufrir os efectos das ondas de calor, e, segundo os modelos realizados, isto continuará así. Se non se reducen considerablemente as emisións, a situación será cada vez peor", engade o investigador colombiano en declaracións recollidas por Sinc.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.