Gómez Noya, rumbo a Ézaro

O galego pentacampión mundial de tríatlon únese a Tony Rominger e Álex Zulle e participará o vindeiro 2 de xullo no Gran Fondo Ézaro. Homenaxe aos dous ciclistas suízos pola Vuelta a España'1993 que rematou en Compostela.

Por gcdeportes | Pontevedra | 22/06/2017 | Actualizada ás 08:36

Comparte esta noticia

Javi Gómez Noya, pentacampión mundial de tríatlon, disputará o vindeiro 2 de xullo o Gran Fondo Ézaro, segundo informou a organización da proba. Deste xeito, o triatleta galego, que participará xunto ao grupo de deportistas cos que habitualmente adestra en Pontevedra, compartirá cartel, entre outros, cos míticos Tony Rominger e Alex Zülle, reclamo desta edición.

Ademáis de Rominger, que levará o dorsal 1.500, e de Zülle, que lucirá o 1, estarán ciclistas galegos profesionais como Álex Marque, Delio Fernández ou Gustavo César Veloso, e ex-ciclistas como David Blanco, Marcos Serrano, Álvaro Pino e Óscar Pereiro (todos galegos), Joseba Beloki ou Ángel Casero. A proba, que permite un percorrido curto de 72 quilómetros e outro de maior dureza de 140, está organizada por EME Sports, empresa do ex-ciclista Ezequiel Mosquera, quen tamén estará na saída.

Antes de enfrontarse ao temible muro de Ézaro, os suízos Rominger e Alex Zülle estarán o 1 de xullo no Monte do Gozo en Compostela, nun acto homenaxe para lembrar a etapa contra o reloxo individual con que rematou a Vuelta a España 1993, a primeira edición patrocinada polo Xacobeo. Zulle gañou a etapa final, pero Rominger venceu na clasificación xeral e repetiu vitoria.

Ademáis dos deportistas, o cantante invidente Serafín Zubiri portará o honorífico dorsal número dous, na súa tentativa de ascender nunha bicicleta tándem ao miradoiro de Ézaro.

Javi Gómez Noya, en Abu Dabi, roda na bici co seu amigo e rival Mario Mola.
Javi Gómez Noya, en Abu Dabi, roda na bici co seu amigo e rival Mario Mola. | Fonte: twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta