Que lle pasa ás audiencias da TVG e da RG?

Pasou xa un ano desde que o executivo de Núñez Feijóo nomeara á nova dirección da CRTVG e os datos amosan que tanto a radio, como a televisión pública, perden audiencia paseniñamente.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/07/2010 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A audiencia da TVG caeu case cinco puntos nun ano. Hoxe a canle pública é vista por un 30% menos de persoas que en maio de 2009, cando o anterior director, Suso Iglesias, deixou o cargo. Entón, a TVG tiña o 14,8% de audiencia, fronte ao 10,4% de xuño deste ano.

A caída foi paulatina desde a entrada da nova dirección.  Así, se en febreiro de 2009 a televisión contaba cun índice de audiencia dun 15,6%, no mesmo mes deste ano, ese índice caera xa 1,7 puntos ata situarse no 13,9%.

Na mesma situación se atopa a Radio Galega que, segundo datos do EGM, perdeu preto de 25.000 oíntes nun ano.

O PSdeG, crítico

Unha situación que non se lle escapa á oposición. O voceiro socialista na comisión de control da CRTVG no Parlamento, Ricardo Varela aproveitou esta situación para atacara ao executivo de Núñez Feijóo e apuntou que a baixada da audiencia débese á “manipulación e censuras” do novo goberno.

Tamén critican os datos da canle pública membros da anterior dirección que lembran que antes de deixar a TVG tiveron audiencias superiores ao 16% en marzo e abril de 2009, fronte as baixadas protagonizadas pola nova dirección xusto nos meses posteriores a tomar posesión; 11,8% en agosto e 12% en setembro.

Con todo, desde a nova dirección da CRTVG aseguran que a baixada de audiencia da CRTVG débese a varios factores, entre eles, os recortes presupostarios do novo goberno galego, “derivados dos buracos que o bipartito deixou nas canles públicas” e a chegada da TDT. “Agora hai moita máis oferta e as canles tradicionais resentironse moito”, apuntan.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

11 algunoschorizosimpunes

si no arreglan la crtvg es porque no quieren - en este pais y ahí dentro hay algunos profesionales potentes que estorban porque no roban-caciquean-prevarican-delinquen-malversan-acosan..., y ademas tienen el nivel profesional de los mejores...(eso jode porque ponen en evidencia a la pandilla de enchufados-ineptos-incapaces-parasitos-chivatos-lameculos-mentirosos-etc...)

1 quenchodera

Amén

2 algunostontosnocambian

se nota mucho quien eres. NON hay traballo de noite?

3 muchochorizosimpunes....!

lo que se nota MUCHO es QUE TU ERES UNO DE LOS MENCIONADOS....EN EL SEGUNDO APARTADO.... NO TIENES NI PUTA IDEA, CLARO QUE HAÍ DENTRO ESO NO DESTACA.....SIGUE LAMIENDO CULITOS...ANDA..!

10 Roberto

Os datos do EGN son públicos e se poden consultar asi que facelo por favor para non caer no descrédito.A Radio Galega subíu no último ano 44.000 oíntes pasando dos 127.000 que tiña en xullo pasado os 171.000 do mesmo mes deste ano.son datos obxectivos que non admiten discusión

1 credibilidade

Pero ti sabes como se fai o EGM? Se o souberas, non lle darías credibilidade.

2 parameiro

E como se fan? Sábelo ti? Igual había que facer os enquéritos entre os escoitantes coma ti, que elixe Radio 3 ou ve Canal Historia. Eu da RG cambiaría cousas, pero creo que mellorou moitísimo. Sei que se se pasa algo teño que encender a galega e alí mo contan, e coma min máis xente. Escoito os faladoiros das mañás e parécenme en xeral moi equilibrados, salvo algunha excepción.

3 Keilmando

Ten razón "credibilidade". Se souperas como se fai a medición de audiencias verías que os datos non son máis ca un invento. En canto á RG, ¿mellorou? ¿equilibrio? ¿qué che contan a última hora? Igual ti falas doutra RG porque da que se escoita en Galicia, non. Os informativos son penosos, as noticias do día cóntanchas un día despois e aínda por riba manipuladas e terxiversadas. ¿Escoitaches algunha vez o faladoiro das 22h? O máis seguro é que non porque se non sacarías a RG do dial e non volverías a ela nin cobrando...

4 Ti xa sabes

Ben Roberto te luces,pero si sabes tanto do EGM sabras que a audencia da Cope e Ser se esta a repartir entre outras radios para favorecer a os profesionais que han desbancado. E si coñoceses o mundo da Radio sabrias o Control que se esta facendo na Redacion a traves das Rosas,Manipulan hasta os seus amigos ''??? SI TEÑEN hAN ACABADO CA RADIO E MAIS vai. Bueno non e todo culpa soio delas cos persoeiros que teñen no micro,cuñas publicitarias que parecen dos anos 60, os bos dias ca informacion dos xornais do dia anterior etc

9 braus

Que tontería. o que pasa agora é que hai 7 veces máis canles desde que hai soamente TDT

1 Quen non se consola...

claro, y entonces la TVG la ve menos gente pero como hacemos una media ponderada con la gran cantidad de canales (teletiendas incluidas) y nos sale un montón de audiencia, claro. A ver, lea: Todo indica que la TDT ha surtido efecto entre el público y, al parecer, las primeras afectadas son las cadenas autonómicas. Lo cierto es que la audiencia de estas televisiones públicas cayó en mayo seis décimas y bajó hasta su mínimo histórico. Las cadenas que han sufrido mayores retrocesos son Canal Sur, con una pérdida de 1,7 puntos en promedio, Televisión de Galicia (TVG) y la valenciana Canal 9, que se dejan ambas 1,5 puntos. http://www.elpais.com/articulo/gent...

8 QUE NOXO

Eso sí, os conselleiros da RTVG cobrando soldos INDIGNOS para a súa capacitación e traballo, elexidos entre o máis granado das sobras dos partidos políticos de turno: IRAVEDRA, ARAUJO, MONTSE PRADO, ANTELO "persoas de acreditado prestixio profesional". Vaia tropa, cuanto mangante.

1 Xan

O que son uns atracadores!! Hai que disolvelos!!

7 Jesús

Deberían ustedes informarse mejor,señores de GC, y dejar de manipular o simplemente mentir. Según los datos del EGM, la TVG es la cadena más vista, algo que nuncha había ocurrido, y la Radio Galega la segunda más oída. Son datos oficiales, que no tienen discusión. Y ahora, con Superpiñeiro, aún subirá más. Los directivos de la TVG tienen bien ganado el sueldo.

1 El padre de Jesús y la paloma

y porque están con el mundial, porque si no entre REX, CANDO SEXAS MIÑA, etc... baten récords de audiencia oigaaaaa. En mayo, mínimo histórico de la TVG. Tu si que estás informado, jesusito de mi vida

3 Carlos Montes

Sr. Jesús é vostede quen debe informarse mellor. Non hai un só medio de comunicación, nin os máis conservadores, que digan que as audiencias da TVG subiron. Claro que os directivos teñen ben gañado o salario. Non dan golpe e aínda por enriba é compatible con outros cargos públicos. Lémbrolle que as dúas preas as que me referín (Pilara Bermúdez e Rosa Vilas) foron toda vida dous fracasos a nivel profesional.

4 Reporteiro

Carlos, Bermúdez é unha gran profesional, do escaqueo, claro. Pero tanto ela coma Vilas saben moi ben o que fan. Colocaron aos seus maridos xuntiños, tamén grandísimos profesionais, con suculentos complementos e licenza para mallar. O que pasou, se fora noutro sitio, sería causa de despido fulminante.