Que lle pasa ás audiencias da TVG e da RG?

Pasou xa un ano desde que o executivo de Núñez Feijóo nomeara á nova dirección da CRTVG e os datos amosan que tanto a radio, como a televisión pública, perden audiencia paseniñamente.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/07/2010 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A audiencia da TVG caeu case cinco puntos nun ano. Hoxe a canle pública é vista por un 30% menos de persoas que en maio de 2009, cando o anterior director, Suso Iglesias, deixou o cargo. Entón, a TVG tiña o 14,8% de audiencia, fronte ao 10,4% de xuño deste ano.

A caída foi paulatina desde a entrada da nova dirección.  Así, se en febreiro de 2009 a televisión contaba cun índice de audiencia dun 15,6%, no mesmo mes deste ano, ese índice caera xa 1,7 puntos ata situarse no 13,9%.

Na mesma situación se atopa a Radio Galega que, segundo datos do EGM, perdeu preto de 25.000 oíntes nun ano.

O PSdeG, crítico

Unha situación que non se lle escapa á oposición. O voceiro socialista na comisión de control da CRTVG no Parlamento, Ricardo Varela aproveitou esta situación para atacara ao executivo de Núñez Feijóo e apuntou que a baixada da audiencia débese á “manipulación e censuras” do novo goberno.

Tamén critican os datos da canle pública membros da anterior dirección que lembran que antes de deixar a TVG tiveron audiencias superiores ao 16% en marzo e abril de 2009, fronte as baixadas protagonizadas pola nova dirección xusto nos meses posteriores a tomar posesión; 11,8% en agosto e 12% en setembro.

Con todo, desde a nova dirección da CRTVG aseguran que a baixada de audiencia da CRTVG débese a varios factores, entre eles, os recortes presupostarios do novo goberno galego, “derivados dos buracos que o bipartito deixou nas canles públicas” e a chegada da TDT. “Agora hai moita máis oferta e as canles tradicionais resentironse moito”, apuntan.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

6 McEnroe

¿Que pasa coas teles autonómicas públicas que suelen ir a merdiña? TeleMadrid unha case putas, CanalSur cero audiencia, TV3 na ruína. Ao mellor fai falla un pouco menos de contratos asegurados e algo máis de medo. Ao final vai ser certo que a xente só entende os paus. Os contratados xa ves ti, en dous días collenlle o ritmo a TVG e apoltronanse. Movemento señores, ou senón, á calle!

5 Sagaz

Queren pechala para darlle todo o negocio a V Televisión, esa tele que non ve ninguén, pero que é dun amigo.

4 chop

os que nos sentimos galegos non a vemos e os do pp xa teñen intereconomía e outras da corda.

3 Vendidos

Por qué non se lle corta a sangría de diñeiro público a todos estes inútiles? candado e porta, para catro gatos que ven a telegaita, millor pechar

2 saña

A min como si a pechan, xa fai tempo que paso das suas novas, con esta medida hasta aforrariamos cartos, eso que tan de moda pon o Feijoo, pero claro habera que darlle outro acomodo os seus enchufados.