Que lle pasa ás audiencias da TVG e da RG?

Pasou xa un ano desde que o executivo de Núñez Feijóo nomeara á nova dirección da CRTVG e os datos amosan que tanto a radio, como a televisión pública, perden audiencia paseniñamente.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/07/2010 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A audiencia da TVG caeu case cinco puntos nun ano. Hoxe a canle pública é vista por un 30% menos de persoas que en maio de 2009, cando o anterior director, Suso Iglesias, deixou o cargo. Entón, a TVG tiña o 14,8% de audiencia, fronte ao 10,4% de xuño deste ano.

A caída foi paulatina desde a entrada da nova dirección.  Así, se en febreiro de 2009 a televisión contaba cun índice de audiencia dun 15,6%, no mesmo mes deste ano, ese índice caera xa 1,7 puntos ata situarse no 13,9%.

Na mesma situación se atopa a Radio Galega que, segundo datos do EGM, perdeu preto de 25.000 oíntes nun ano.

O PSdeG, crítico

Unha situación que non se lle escapa á oposición. O voceiro socialista na comisión de control da CRTVG no Parlamento, Ricardo Varela aproveitou esta situación para atacara ao executivo de Núñez Feijóo e apuntou que a baixada da audiencia débese á “manipulación e censuras” do novo goberno.

Tamén critican os datos da canle pública membros da anterior dirección que lembran que antes de deixar a TVG tiveron audiencias superiores ao 16% en marzo e abril de 2009, fronte as baixadas protagonizadas pola nova dirección xusto nos meses posteriores a tomar posesión; 11,8% en agosto e 12% en setembro.

Con todo, desde a nova dirección da CRTVG aseguran que a baixada de audiencia da CRTVG débese a varios factores, entre eles, os recortes presupostarios do novo goberno galego, “derivados dos buracos que o bipartito deixou nas canles públicas” e a chegada da TDT. “Agora hai moita máis oferta e as canles tradicionais resentironse moito”, apuntan.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

1 Carlos Montes

Non hai máis voltas que darlle. A culpa é de Rosa Vilas e de Pilara Bermúdez. Ambas son as responsables é o mellor non é só destituílas, senón votalas definitivamente a súas respectivas casas. A primeira é unha macroignorante total, a segunda é unha maruxona integral. O posto delas non era precisamente un cargo directivo senón, e dito sexa con todos os respectos para a xente que traballa dignamente, poñerse a fregar cháns, aínda así dubido que cumpliran con éxito esta última tarefa, porque se require certa cualificación que ningunha das dúas posúe. Convencédesvos agora en GC coma o que dicía un lector en datas pasadas non era ningunha parvallada?. Podía ser unha esaxeración, pero era certo. E que di o señor Maneiro?, valedor de ambas as dúas señoras.

1 Cabaleiro

Para os que traballamos, porque algúns é certo que o facemos, é noxento ver a tipos como Sola que se lembrades estmapara unha unidade movil fuxindo e estado non apto para condicir da garda civil ou o Maceda que é un incapaz absoluto ata como barman e que decir do Macia que veu botado de canto sitio houbo por vago e botarate.

2 Carlos Montes

Querido Cabaleiro: É certo o que dis. Hai grandes profesionais na CRTVG, moitos dos cales non se vos deixa facer o traballo dignamente porque non cousa que máis afecte a túa autoestima e profesionalidade que estar debaixo dun inútil, xa que se saca as gañas de traballar e a motivación. Comparto o que dis contigo, pero fíxate que eu non ataco nin ataquerei aos traballadores. Hai moitos anos fun empregado de TVG e sei perfectamente o que se coce. Se cadra cambiou o fondo pero non a forma. Precísase unha reestruturación en profundidade para cambiar minimamente as cousas. Mellorar sería moi fácil, porque peor, por parte dos cargos directivos e xefes, non se pode facer. Insisto os traballadores sodes totalmente distintos e manifesto o meu respeto pola súa profesionalidade e dignidade.

3 Marquiños

Non sei de que vos queixades. A equipa directiva da RG e da TVG foi pactada entre PP e PSOE. Sánchez Izquierdo é amigo de Pachi, débense favores ata que o botaron de La Región pola súa nefasta xestión. Foi Pachi o que puxo o seu nome riba da mesa. Mirade detidamente cada un dos altos cargos. O número 2 da CRTVG, Rodríguez Barrio, provén do bipartito. Era a man dereita de Salgado na Xunta. En persoal, a que manda é a mesma que na época anterior, na Radio xa non digamos, todos do PSOE, sendo s casos máis sangrante os responsabeis da información local. O gran prexudicado é o BNG, totalmente marxinado nos meios públicos. Unicamente aparece cando critica a Zapatero ou ós socialistas galegos.

4 agroman

Marquiños non tes nin puta idea

5 Compostela

Carlos Montes, non sei como te permites, perdón, permiten publicar eses comentarios que feden a machismo

6 Eu dixit

Agroman, ti si que non tes idea. O que di Marquiños é tal cual. A Sánchez Izquierdo púxoo aí Pachi Vázquez e el, en claro cumprimento das súas obrigas, deulle a maior parte dos postos directivos a xente do PSdG. Mira para a Radio Galega, o que fixeron alí é sangrante. Os xefes de informativos, socialistas e ex-membros do comité pola UXT; o dos técnicos, baila polo mesmo lado; e en programas, Xusto López Carril (PSdG), Kiko Novoa (BNG) e Miguel Túñez (BNG). Pero se ata meteron man polo lado dos curritos e colaron nas listas de contratación a que foi xefa de prensa do PSdG en Santiago co bipartito!!! Resumindo: unha vergonza e un gran traballo de Pachi Vázquez e Alfonso Sánchez Izquierdo.

7 NPUi

Buseno a Sánchez o puso Pachi pero a subdirectora da radio non a puso pachi,soio a apoio aoutra Rosa xa que non conta con ningun apoio no psoe ni no pp influinte,en cantoao xefe de informativos e posto prque non se encontraba a outro e consiguiron ao maís incompetente e manipulable, tampouco sin ningun apoio ni na uxt ni no soe ni o pp soio o apoio da outra Rosa.Coñecido pola sua incompetencia. Xusto e por si os tempos cambian ainda que este soio se apoia a el soio. Encanto a Rodriguez Bario non tedes nin idea foi colaborador na xunta de Feijgoo e de Romay en Sanidad e gran ammigo dunha persoa que si quisese seria o novo director da radio. Ainda que non e Periodista, ja ja ja ja A mellor e o que necesita a Radio a un Director que ñon faga caso a os que temos a alcachofa diante. Si ao final somos todos iguais e co que seve nos pasillos parecen alguns grandes estrelas que congregan a millons de persoas e soio os coñocen familiares e amigos. Facemos unha encuesta????????