O CGAC acolle a exposición 'Lugar: continxencias de uso', que fusiona a escultura co edificio de Álvaro Siza

Está protagonizada por obras de tres mulleres latinoamericanas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 15:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Centro de Arte Contemporánea de Galicia (CGAC) acollerá a partir deste xoves, e ata o próximo 29 de outubro, a exposición 'Lugar: continxencias de uso'; unha mostra que aborda a idea de escultura en relación á arquitectura do edificio de Álvaro Siza.

Presentación da exposición 'Lugar: continxencias de uso' no CGAC
Presentación da exposición 'Lugar: continxencias de uso' no CGAC | Fonte: Europa Press

Trátase dunha exposición de "carácter experimental", tal e como mencionou o director do CGAC, Santiago Olmo, nunha presentación aos medios; ao mesmo tempo que explicou que "é unha exposición de produción propia, xa que todas as pezas foron construídas para o propio museo".

Neste sentido, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen tamén asistiu ao acto de presentación, puxo en valor o "carácter pioneiro" deste evento, xa que se trata do "primeiro proxecto de produción que leva a cabo o centro", ao reunir "a obra de tres artistas vinculadas co panorama latinoamericano e de recoñecemento internacional".

Trátase dun "diálogo coa arquitectura", apuntou, xa que a obra atópase "nun centro de arte contemporánea que non só actúa de colector, senón que é un espazo arquitectónico de referencia".

UNHA MOSTRA CON CARÁCTER FEMININO

'Lugar: continxencias de uso' é unha exposición que nace co obxectivo de "achegarse ao significado existencial da arquitectura", comentou a comisaria da mostra, Susana González.

Alberga obras de tres mulleres, algo que para González foi fundamental dada a "visión feminina" que quería conseguir. "Interesábame que fosen mulleres e fixesen desde unha visión feminina traballos moi contundentes", expresou; á vez que explicou que se trata de "proxectos específicos" que se pon en relación co edificio de Álvaro Siza, para así "deslindar as fronteiras entre arte e arquitectura".

DIFERENTES PROXECTOS PERSOAIS

A venezolana Patricia Esquivias, a arxentina Luciana Lamothe e a mexicana Sofía Táboas, son as encargadas de mostrar proxectos persoais cuxo orixe reside no ámbito da cidade contemporánea.

"O tres son moi distintas", recalcou Gonzalez. Segundo apuntou, Patricia Esquivias realiza o seu traballo cunha perspectiva do espazo social e temporal, mentres constrúe relatos "moi persoais" que intercalan feitos reais con feitos ficticios.

Pola súa banda, a arxentina Luciana Lamothe céntrase no binomio 'destrución-construción', co que utiliza o espazo como "un territorio de experimentación". Traballa sobre o mecánico dos materiais, forzándoos ata conseguir que se transformen.

Por último, Sofía Táboas contempla un "traballo objetual", que ten que ver coa 'arte povera' e 'minimal'. Subxace nos seus traballos "o interese polo espazo e a arquitectura, a relación interior exterior e a relación natural e artificial".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta