Unha tese da USC destaca a educación ambiental como base para diminuír o risco de incendios en Portugal

Unha tese de doutoramento de María de Conceiçao Almeida Colaço da Facultade de Ciencias da Educación destaca a educación ambiental como base para mellorar a prevención e diminuír os incendios en Portugal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2017 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha tese de doutoramento de María de Conceiçao Almeida Colaço da Facultade de Ciencias da Educación destaca a educación ambiental como base para mellorar a prevención e diminuír os incendios en Portugal.

Esta investigación está dirixida polo profesor da USC Pablo Ángel Meira e polo docente da Universidade de Lisboa Manuel Cardoso, e nela ponse de manifesto a necesidade de conseguir non só un maior equilibrio entre as tarefas de prevención e de extinción, senón tamén en aspectos ligados á educación ambiental.

Tras unha análise da situación de Portugal, Almeida Colaço apunta aos incendios como principal ameaza das superficies forestais lusas, que atribúe a riscos como a elección de especies de ciclo curto como os eucaliptos.

A orixe intencionada de incendios, ben por "accións criminais" ou por "uso neglixente de lume", é outro dos aspectos que resalta este estudo para chamar a atención sobre a importancia da educación ambiental.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta